ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS - RADIO EXPERIMENTAL - RADIO VOZ #Radionabiblio #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita de Radio Voz.
O alumnado de sexto recibe unha pequena charla formativa e posteriormente,
gravamos un programa de Étimos de aves e paxaros.
Programa enmarcado no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" e emitido o
9 de marzo, Día do Naturalismo Galego, Día de Martín Sarmiento!
Quixemos alzar a nosa voz para facer valer a nosa lingua, a que falamos
a diario, a das nosas avoas e avós e por suposto aprender moito das aves
e paxariños, moitos deles que viven moitas aventuras nas súas migracións.
Agora ides escoitar o producto final, pero este tipo de actividades conlevan
un traballo laborioso.
Primeiro deseñouse en enviouse ás familias e coñecidos
unha pequena folla de recollida de información, dos étimos de nove aves e
da cultura popular referida a elas. O alumnado de sexto de primaria recolleu
as entrevistas e fixo un cadro centralizando as aportacións que se fixeron de
cada paxariño.
Posteriormente, buscaron información sobre a apariencia, canto, costumes de
cada un deles e a rexistraron. Con todos eses datos elabórase unha escaleta ao
que se adobía con poesías, recitados, ditos, refráns sobre estas aves e tendo moi
presente que estamos próximos á data de Rosalía de Castro e queremos adicarlle
a súa Alborada. Todos os niveis do centro saen representados neste adobío, que xunto
coas gravacións sobre étimos e características destes paxariños fan o programa
de radio que agora ides escoitar. Será emitido por Radio Voz Ferrol, na frecuencia 105.4
Orgullo de cativada! Feliz Día do Naturalismo Galego! Parabéns Martín Sarmiento!
Engadimos a escaleta e a bibliografía, por se é de interese.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BIBLIOGRAFÍA PROGRAMA ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS..pdf | 250.41 KB |
ESCALETA ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS.pdf | 261.41 KB |