Skip to main content

Maio 2023

ATREZZO TEATRO "Os gaiteir@s de Hamelín" #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes de 1ºC levan un curso ensaiando a obra

de teatro escollida, será "Os Ratos" de Carlos Labraña,

pero realizarán unha adaptación que leva por nome 

"Os gaiteiros de Hamelín". Durante algunhas semanas os

grupos interactivos xiraron ao redor do atrezzo de teatro,

en cada mesa un adulto con tres ou catro raparigos ou

raparigas foi facendo pequenos complementos que levarán

no seu traxe ou decoración para o escenario.

Xa case teñen todo rematado e, en breves, poderedes ver a

súa actuación. Esta é unha mostra do traballo

artístico nos grupos interactivos.

 

 

 

 

 

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS CON PACO VEIGA, ZELTIA LABRAÑA E ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A tarde do xoves foi unha tarde de convivencia para toda

a comunidade educativa da escola. Paco Veiga, Zeltia Labraña,

Antón Cortizas e a Asociación do Xogo Tradicional Galego de Melide

agasalláronnos cunha xornada de xogos e a posterior presentación

do seu libro: Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida.

Xogamos moito e tamén conversamos da necesidade de recuperar

na vida diaria o xogo tradicional.

Podedes baixar no Play Store do móbil, a súa app dos Xogos Tradicionais Galegos,

onde irán engadindo xogos. Na biblioteca xa podedes ler o seu libro

ou mercalo nas librerías da vila.

Así mesmo, podedes ver a súa web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego,

onde atoparedes unha morea de recursos para o xogo.

Agradecer aos autores/a e á AGXPT por semellante xornada!

Ogallá todas foran así e as crianzas recuperasen espazos e xogos.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTOS - BIBLIOTECA CREATIVA #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Experimentando coa densidade e as burbullas de aire no xeo.

O alumnado de 6º segue os pasos do método

científico para chegar ás conclusións.


  

 

 

 

 

 

IMOS Á RADIO DO IES PUNTA CANDIEIRA E GRAVAMOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal

Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro

da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.

 

Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados

do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía.

Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas,

pois tamén foi un novo achegamento a un espazo,

no que en breves estará este alumnado.

Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!

 

 

 

 

 

 

 

 

LADRIDO - ORTIGUEIRA - SAÍDA DIDÁCTICA PROXECTO "Aprendendo, naturalmente!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 1º de E.P. realiza unha ruta intermareal pola

contorna de Ladrido. Alí puideron observar detidamente unha

morea de bivalvos e algas, coñecer como viven e, o máis importante,

como temos que comportarnos nun entorno deste tipo.

Porque todos somos seres vivos e cada un ten que respectar o ecosistema

dos outros. Por suposto, as cunchas e todo o observado quedou no seu lugar.

Pois estes pequenos e pequenas naturalistas saben que o que hai na praia é da

praia, salvo o lixo e tamén teñen ben claro que a faenar

van as mariscadoras e os mariscadores.

Así de ben o pasaron nunha paisaxe idílica que temos que conservar!

 

 

 

 

 

 

 

"CAMINOS PARA RECONOCER TU TÍTULO UNIVERSITARIO" POR MEY LIN APAC RIVERA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O 26 de maio ás 28:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"

Aberto a tódolos públicos. Achégate!

 

Unha experiencia de vida!

 

 

 

 

 

 

ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapo

o alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"

gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous libros

e dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,

é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,

ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...

con calquera material que nos proporciona a

natureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,

fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,

leron a poesía musicada "No mundo hai un país"

de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo... 

Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en

contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos.

Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!

 

 

 

 

 

 

 

OS PARRULOS DE INÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Inés, xuntos cos seus pais, Verónica e Pablo fixeron un traballo

de investigación sobre os seus parruliños e o trouxeron para

amosárnolo. Aprendemos como son os peteiros, as patas,

as especies... e unha morea de cousas máis sobre os parruliños

de Inés. Unha aportación importante para o proxecto

"Naturalmente, aprendendo!".

Moitas gracias por vir e ensinarnos tanto sobre estas aves!

 

 

 

 

 

 

PROXECTO GRUPOS INTERACTIVOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Algunhas das xornadas dos grupos interactivos estiveron

adicadas ao proxecto da flora e da fauna. O alumnado co

acompañamento das familias, profundizou na lectura c

omprensiva da información que aporta o  Álbum de Flora e Fauna,

ollaron as fotografías de Rafael Loureiro (Calel) que foron de gran

axuda para colorear e nomear os debuxos para o Libro que eles están

realizando, ordenaron fases do crecemento da planta e da ra,

traballaron no caderno de campo... e namentres tamén se

fixeron máis ricos, coas aportacións dos adultos e dos seus

compañeiros e compañeiras. Está claro que a unha sesión de

interactivos, nunca se sae como se entra.