Skip to main content

EXPRESIÓN ORAL

ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C, 

na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar.

Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron

posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor.

Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!

 

 

 

 

 

ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C.

Moitos parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

 

 

FEIRA DOS LIBROS - OBRADOIRO CÓMIC #bibliotecacreativa #Fomentodalectura #Mediaciónlectora #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha das actividades da Feira do Libro foi o obradoiro de cómic de

Ares e Alicia Freire, unha fixo o guión e outro encargouse da ilustración.

Foi fantástico!

 

 

 

 

 

 

 

O SISTEMA SOLAR - ATREZZO #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º A e B xa está rematando o seu atrezzo.

Os veremos na súa estrea o 30 de maio en xornada de mañá e

o 31 en xornada de tarde, con entrada reservada. A súa obra:

"O Sistema Solar". Non volos perdades!

 

 

 

 

 

 

 

"LULA PERDEU A LUZ" - ENSAIOS #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ídevos preparando que os Vagalumes xa están a piques de

estrenar a súa obra "Lula perdeu a luz". Será este venres 31

en dous pases de mañá e tarde. Entradas reservadas con invitación.

Aquí podedes velos nun ensaio no Auditorio de Cedeira, ao que temos

que agradecer o seu espazo. E por suposto a Quique Vázquez

a súa implicación, bos consellos e control da parte técnica.

 

 

 

 

 

GRUPO CANDIEIRA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental

Entrevistamos a Tiano Labraña e Charo do Pinzón, dous dos compoñentes do grupo musical

"Candieira". Grupo que este ano fai os seus 50 anos! Falaron de música, de reinvindicación,

da lingua e dunha época, unha entrevista para escoitar e cantar!

Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!

 

 

 

 

VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado

pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria

presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde

poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada  e das

familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música

de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá.

Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde

investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos

a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos

nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras

literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao

podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do

alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso

traballo de escrita, lectura e pronunciación.

Gracias a todas e todos os que o fixeron posible!

Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado

(de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán

unha entrevista sobre o noso podcast premiado.

 

 

 

 

 

 

 

AS AVOAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do proxecto "Música, maestro" temos diversas gravacións,

unha delas é ás avoas máis marchosas da vila! Aquí temos un pequeno

anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.

 

 

 

 

 

ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior.

Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo

de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata

conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta,

quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...

 

Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas,

nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.

 

 

 

 

 

VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro,

neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario.

Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo,

o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores.

Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo

e cambiante, nesta obra de cinco actos.

Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos,

cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...

 

 

 

 

 

 

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.

 

 

 

 

 

 

UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta

Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta,

ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar.

Por esta razón, agradecemos a participación das familias

e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra.

Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila:

Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta

Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un

buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila

cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo,

tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na

nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada

e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de

Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.

 

 

 

 

 

 

 

ESPAZO #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

O alumnado documéntase sobre o espazo, crea maquetas

e prepara unha exposición oral cos datos recadados.

 

 

 

 

 

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5º de primaria recibiú formación

de radio para mellorar as súas competencias neste medio.

Quique Vázquez foi o encargado da formación,

que combinou radio e teatro.

 Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA POESÍA #DíaDaPoesía #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ensaios para escenicar no I Certame da Poesía Escénica que se

celebrará, como actividade conxunta, no Ies Punta Candieira.

 

 

 

 

GUÍAS TURÍSTICOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto de primaria converteuse en guía turístico

e viaxou a través das páxinas dos libros e da documentación na rede

para coñecer as provincias de España e as súa identidade, características...

Resumiron e escolleron os datos máis relevantes nun libro de lapelas

que expoñeran estes días aos seus compañeir@s.

 

 

 

 

 

Distribuir contido