Skip to Content

Semana da Arte

VII SEMANA DA ARTE

VII  SEMANA DA ARTE

Ola a todos os/as artistas do CEIP Plurilingüe Nantes, antes de nada, grazas a todos/as por participar, clicando no seguinte enlace poderedes ver o vídeo final cos vosos traballos!

                                     Vídeo

Esperamos que teñades un moi bo verán, vémonos o curso que ven!

Unha aperta.

 

Alejandro e Isa.

 

VII Semana da Arte

   Martes 2 de xuño de 2020

 

Con motivo da celebración da Semana da arte no CEIP de Nantes, querémosvos animar a participar nunha actividade para festexar as diferentes expresións artísticas e sacar @s artistas que levades dentro.

 

Trátase de recrear obras de arte como cadros, esculturas, fotografías..., mediante composicións con diferentes materiais ou coa vosa figura e outros obxectos que teñades pola casa. Animádesvos?

 

Deixámosvos algúns exemplos para que vos inspiredes.

 

 

 

Máis exemplos: https://blogs.getty.edu/iris/getty-artworks-recreated-with-household-items-by-creative-geniuses-the-world-over/

 

Tamén vos deixamos enlaces a webs de museos para que escollades a obra a representar.

Museo del Prado (Madrid):  https://www.museodelprado.es/coleccion

British Museum (Londres): https://artsandculture.google.com/streetview/british-museum/AwEp68JO4NECkQ?sv_lng=-0.1266024509257022&sv_lat=51.51905368906714&sv_h=286&sv_p=0&sv_pid=JeKwUFYAMWXNWPh3IOg3jw&sv_z=1.0000000000000002

Museo do Louvre (París): https://www.louvre.fr/

MOMA (Nueva York): https://www.moma.org/collection/

Museo Mauritshuis (La Haya) https://www.mauritshuis.nl/en/explore/the-collection/

MET Museum  (Nueva York):  https://www.metmuseum.org/art/collection/search#!?showOnly=highlights&offset=0&pageSize=0&sortBy=Relevance&sortOrder=asc&perPage=20

Museo Picasso (Málaga): https://www.museopicassomalaga.org/nueva-coleccion

Museo Hermitage (San Petersburgo): https://pano.hermitagemuseum.org/3d/html/pwoaen/main/#node338

Museo Frida Kahlo (Ciudad de México):https://www.museofridakahlo.org.mx/es/el-museo/multimedia/#regresar

 

Uffizzi Galery  (Florencia): https://www.virtualuffizi.com/es/visita-virtual.html

 

O resultado do voso traballo enviarédelo ao correo clase.segundo.nantes@gmail.com  antes do 14 de xuño.

Tede coidado en que a fotografía que enviedes estea ben orientada e non teña brillos nin sombras para que quede o mellor posible.

 

Na última semana de clase publicaremos as vosas creacións.

 

**Aquel alumnado que xa elaborase a actividade pode realizar unha nova proposta ou enviala de novo ao correo anterior.

 

V SEMANA DA ARTE

Maio 2017

A V Semana da Arte estivo cargada dun gran número de obras de arte elaboradas polo alumnado no colexio e nas escolas de arte, polo profesorado e polas familias.

Os autores traballados este ano polos diferentes cursos foron os seguintes:

  • Educación Infantil: Keith Haring
  • 1.º Primaria: Paul Gauguin
  • 2.º Primaria: Gustav Klimt
  • 3.º Primaria: Velázquez
  • 4.º Primaria: Mondrian
  • 5.º Primaria: Dalí
  • 6.º Primaria: Munch

 

 Podedes ver a exposición completa premendo nas fotografías.

 

 FANTÁSTICOS TRABALLOS!!!

 

IV SEMANA DA ARTE NA ESCOLA

Maio 2016

Ao igual que en anos anteriores, a IV edición da Semana da Arte tivo unha gran acollida por toda a Comunidade Educativa.

As obras realizadas polos alumnos/as no colexio e nas escolas de arte, así como as achegadas polas familias e o profesorado, estiveron expostas na entrada do colexio.

Nesta edición, os autores traballados en cada curso foron os seguintes:

      • Educación Infantil: Henri Matisse
      • 1.º Primaria: Mondrian
      • 2.º Primaria: Keith Haring
      • 3.º Primaria: Henri Matisse
      • 4.º Primaria: Kandinsky
      • 5.º Primaria: Salvador Dalí
      • 6.º Primaria: Paul Klee

Aquí tedes unha pequena mostra.

Clicade sobre as fotografías para ver a exposición completa.

 

III SEMANA DA ARTE

Maio 2015

Ao igual que en edicións anteriores, a III Semana da Arte tivo unha gran acollida por parte de toda a Comunidade Educativa.

A entrada do centro encheuse novamente de obras de arte que foron realizadas no colexio polos alumnos/as dos diferentes cursos e outras achegadas polas familias e o profesorado.

Os pintores/as sobre os que estivemos a traballar ao longo do ano foron os seguintes:

  • Educación Infantil: Pablo Picasso
  • 1.º Primaria: René Magritte
  • 2.º Primaria: Georgia O´Keeffe
  • 3.º Primaria: Vincent van Gogh
  • 4.º Primaria: Paul Klee
  • 5.º Primaria: Georges Pierre Seurat
  • 6.º Primaria: Andy Warhol

 

Esta é unha pequena mostra:

Todos os participantes recibiron o seu diploma ao rematar a actuación de Miro Magariños.

 

MOITAS GRAZAS POLOS FANTÁSTICOS TRABALLOS ACHEGADOS!!!

Para acceder á galería e ver todas as creacións, só tedes que clicar en calquera das fotografías.

 

O´ KEEFFE PROJECT (2.º Primaria)

Ao longo de todo o curso realizaremos un proxecto sobre Georgia O´Keeffe, unha pintora norteamericana caracterizada por pintar nos seus cadros flores moi chamativas e paisaxes do deserto.

 

Para coñecela mellor preparamos un libro viaxeiro bilingüe que visitará cada semana a casa dun alumno/a. A mestra encargarase de preparar as páxinas co texto en galego e en inglés. Cada neno/a completará os datos que faltan coa axuda da súa familia. Poden usarse as técnicas que se queiran: fotografías, debuxos, collages, letras recortadas... Todo o que a imaxinación permita!

 

A medida que se vaian completando os traballos, iremos publicando as fotos aquí mesmo, para que todos desfrutedes dos resultados.

 

COMEZA A VIAXE!!!

 

Esta é a portada e a páxina de inicio coa explicación do proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xoves 4 de decembro de 2014

Xa temos o primeiro traballo. O encargado de facelo foi Mateo A. A el correspondeulle buscar o nome completo da pintora.

Mirade que ben o fixo!!!

 

Xoves 11 de decembro de 2014

Continuamos co proxecto. Esta semana Laura encargouse de investigar o lugar e a data de nacemento.

Realizou un traballo xenial!

 

 Luns 12 de xaneiro de 2015

Nesta ocasión Valeria buscou a profesión de O´Keeffe. Logo, decorou a páxina cos diferentes materiais que emprega no seu traballo.

Fantástico!

 

Luns 19 de xaneiro de 2015

A investigación sobre Georgia O´Keeffe continúa vento en popa. Hugo averiguou o nome do seu marido e o ano no que se casaron.

Botádelle unha ollada a todas as fotos que encontrou!

 

Luns 2 de febreiro de 2015

Xa sabemos moitos datos da vida desta fantástica pintora. Sebastián descúbrenos o lugar no que traballou e viviu durante anos.

Ben feito!

 

 Martes 10 de febreiro de 2015

Grazas a Lucía descubrimos unha das cidades máis importantes na vida e na obra de Georgia e o ano na que a visitou por primeira vez.

Bonito traballo!

 

Venres 6 de marzo de 2015

O libro sobre Georgia segue a súa viaxe polas casas dos alumnos/as de 2.º curso. Rodrigo buscou o tempo que viviu en Novo México e a data do seu falecemento.

Mirade que ben realizou a súa páxina!

 

Xoves 26 de marzo de 2015

A viaxe que estamos a percorrer lévanos a coñecer unha das temáticas máis importantes na obra de Georgia. Mateo P. averiguou a importancia que teñen as flores nas pinturas desta interesante pintora.

Bonito resultado!

 

Xoves 23 de abril de 2015

Seguimos a nosa investigación... Leo achéganos outra temática presente nos cadros de Georgia O´Keeffe: o deserto. 

Moi ben!

 

Martes 5 de maio de 2015

Xa queda pouco para rematar o noso proxecto, pero antes, Daniela buscou outro dos elementos máis característicos dos cadros de Georgia: as calaveras de animais do deserto. Ademais amósamos unha das súas obras máis famosas e explícanos o signficado da mesma.

Bo traballo!

 

Mércores 13 de maio de 2015

Despois dunha longa viaxe, poñemos punto e final á nosa investigación co traballo de Karen, unha fantástica páxina na que buscou o número de obras que pintou Georgia O´Keeffe.

Estupendo!

 

A calidade dos traballos é fantástica. Esperamos que vos parecera unha proposta interesante!!!

 

Moitas grazas a todas as familias pola participación nesta actividade!!!

 

Podedes ver o libro na exposición da III Semana da Arte. O vindeiro curso pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

 

II SEMANA DA ARTE NA ESCOLA

Esta segunda edición da Semana da Arte na Escola resultou todo un éxito. A entrada do colexio encheuse de numerosas obras de arte, realizadas tanto polos alumnos/as no colexio como por algunhas das familias e mestres.

Ademais das esculturas feitas con tetra briks, hai unha gran cantidade de cadros de pintores moi diversos que os alumnos/as están a traballar nos diferentes cursos:

  • Joan Miró: Educación Infantil.

  • Monet: 1.º ciclo de Primaria.

  • Velázquez: 2.º ciclo de Primaria.

  • Klimt e Munch: 3.º ciclo de Primaria.

 

 

Un ano máis, grazas a todos pola

vosa participación!!!

     

Podedes clicar nas fotografías para acceder á galería.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Non esquezades recoller as obras de arte que trouxestes da casa o VENRES 23 DE MAIO.

COMEZA A II SEMANA DA ARTE NA ESCOLA

Dende o día 12 ao 23 de maio celebraremos a II Semana da Arte na Escola. Ao longo destes días estarán expostos no colexio os traballos realizados polos alumnos/as nas diferentes clases.

Ao igual que fixemos na 1.ª edición, queremos abrir esta mostra a outros membros da Comunidade Educativa (pais, nais, irmáns, avós...). Así, todos aqueles que desexen expoñer as súas creacións no colexio, poderán traelas entre os días 5 e 9 de maio, para incorporalas á exposición.

Os alumnos/as tamén poden traer outros cadros, esculturas, etc. realizados na casa ou nas Escolas de Arte.

O número máximo de obras que poden traer da casa é de 2 por participante, e todas deberán ter o nome do autor/a (serve pola parte traseira).

 

Agardamos a vosa participación!!!

 

II SEMANA DA ARTE NA ESCOLA

Distribuir contido


by Dr. Radut