Skip to Content

O´ KEEFFE PROJECT (2.º Primaria)

Ao longo de todo o curso realizaremos un proxecto sobre Georgia O´Keeffe, unha pintora norteamericana caracterizada por pintar nos seus cadros flores moi chamativas e paisaxes do deserto.

 

Para coñecela mellor preparamos un libro viaxeiro bilingüe que visitará cada semana a casa dun alumno/a. A mestra encargarase de preparar as páxinas co texto en galego e en inglés. Cada neno/a completará os datos que faltan coa axuda da súa familia. Poden usarse as técnicas que se queiran: fotografías, debuxos, collages, letras recortadas... Todo o que a imaxinación permita!

 

A medida que se vaian completando os traballos, iremos publicando as fotos aquí mesmo, para que todos desfrutedes dos resultados.

 

COMEZA A VIAXE!!!

 

Esta é a portada e a páxina de inicio coa explicación do proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xoves 4 de decembro de 2014

Xa temos o primeiro traballo. O encargado de facelo foi Mateo A. A el correspondeulle buscar o nome completo da pintora.

Mirade que ben o fixo!!!

 

Xoves 11 de decembro de 2014

Continuamos co proxecto. Esta semana Laura encargouse de investigar o lugar e a data de nacemento.

Realizou un traballo xenial!

 

 Luns 12 de xaneiro de 2015

Nesta ocasión Valeria buscou a profesión de O´Keeffe. Logo, decorou a páxina cos diferentes materiais que emprega no seu traballo.

Fantástico!

 

Luns 19 de xaneiro de 2015

A investigación sobre Georgia O´Keeffe continúa vento en popa. Hugo averiguou o nome do seu marido e o ano no que se casaron.

Botádelle unha ollada a todas as fotos que encontrou!

 

Luns 2 de febreiro de 2015

Xa sabemos moitos datos da vida desta fantástica pintora. Sebastián descúbrenos o lugar no que traballou e viviu durante anos.

Ben feito!

 

 Martes 10 de febreiro de 2015

Grazas a Lucía descubrimos unha das cidades máis importantes na vida e na obra de Georgia e o ano na que a visitou por primeira vez.

Bonito traballo!

 

Venres 6 de marzo de 2015

O libro sobre Georgia segue a súa viaxe polas casas dos alumnos/as de 2.º curso. Rodrigo buscou o tempo que viviu en Novo México e a data do seu falecemento.

Mirade que ben realizou a súa páxina!

 

Xoves 26 de marzo de 2015

A viaxe que estamos a percorrer lévanos a coñecer unha das temáticas máis importantes na obra de Georgia. Mateo P. averiguou a importancia que teñen as flores nas pinturas desta interesante pintora.

Bonito resultado!

 

Xoves 23 de abril de 2015

Seguimos a nosa investigación... Leo achéganos outra temática presente nos cadros de Georgia O´Keeffe: o deserto. 

Moi ben!

 

Martes 5 de maio de 2015

Xa queda pouco para rematar o noso proxecto, pero antes, Daniela buscou outro dos elementos máis característicos dos cadros de Georgia: as calaveras de animais do deserto. Ademais amósamos unha das súas obras máis famosas e explícanos o signficado da mesma.

Bo traballo!

 

Mércores 13 de maio de 2015

Despois dunha longa viaxe, poñemos punto e final á nosa investigación co traballo de Karen, unha fantástica páxina na que buscou o número de obras que pintou Georgia O´Keeffe.

Estupendo!

 

A calidade dos traballos é fantástica. Esperamos que vos parecera unha proposta interesante!!!

 

Moitas grazas a todas as familias pola participación nesta actividade!!!

 

Podedes ver o libro na exposición da III Semana da Arte. O vindeiro curso pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

 



page | by Dr. Radut