Seguimos participando en concursos... Nesta ocasión o reto era construír unha escultura empregando envases tetra brik para o concurso "Envasarte".
Despois de moito pensar, decidimos facer a Esculín, o logotipo do noso centro.![Esculín](/centros/ceipnantes/system/files/u2/esculin_web.jpg)
Así pois, os envases comezaron a invadir a nosa aula!!!
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00036_web.jpg)
O primeiro paso foi quitar todos os tapóns.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00035_web.jpg)
Logo comezamos a construír pegando os tetra briks. Pouco a pouco, Esculín ía collendo forma!!!
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00037_web.jpg)
Cubrimos toda a escultura con papel maché para darlle consistencia.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00082_web.jpg)
En canto secou, pintamos con témpera.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00087_web.jpg)
Xa só faltaba colocarlle a cara e o nome do cole que fixemos con goma eva.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/CAM00102_web_0.jpg)
Foi unha actividade fantástica, na que todos participamos e desfrutamos traballando en equipo.
Esculín agárdavos na entrada do colexio!!!
Para acceder á galería clica aquí.
Se queres ver todas as obras presentadas e coñecer cal foi a gañadora preme na seguinte imaxe:
![](/centros/ceipnantes/system/files/u2/mrpak_web.jpg)