Skip to Content

Concurso: As árbores de Nadal

CONCURSO ÁRBORES DE NADAL

Decembro 2018

Como cada Nadal, levamos a cabo o concurso de Árbores de Nadal no centro, e como cada ano vos superades, parece imposible que atopedes tantas novas ideas para facelos.

Son simplemente espectaculares! Polo que aínda que pareza unha frase feita, é dificilísimo escoller ós agraciados cos premios.

 

CONCURSO "ÁRBORES DE NADAL"

Como sabedes, este pasado Nadal, seguimos coa nosa tradición de facer o concurso das "Árbores de Nadal".

O nivel segue a ser altísimo, e cada vez é mais dificil escoller aos gañadores, porque as vosas ideas son espectaculares. Nestas fotos podedes ver a proba :

 

 

CONCURSO "AS ÁRBORES DE NADAL" 2017

Xoves, 21 de decembro do 2017

Aquí vos presentamos desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega o noso tradicional concurso das Árbores do Nadal.

Outra vez máis, os traballos realizados foron incribles e resultou moi difícil determinar as árbores gañadoras... Por iso todos e todas as participantes reciben o seu agasallo!

Aquí podedes ver todos os traballos expostos:

As árbores que foron premiadas pertencen ó traballo realizado por:

- Claudia (6º Infantil).

- Matías (1º Primaria).

- Xavier (2º Primaria).

- Diego (4º Primaria).

- Xoán (4º Primaria).

 

Parabéns a todos e a todas as participantes, outro ano máis demostráchedes o voso talento e saber facer!

CONCURSO "AS ÁRBORES DE NADAL" 2016

Mércores 21 de decembro de 2016

Como todos os anos cando chega o Nadal, nenos e nenas e as súas familias, poñen a funcionar o seu inxenio para ser os máis orixinais no tradicional concurso das "Árbores de Nadal" que facemos no colexio. Edición tras edición superádesvos, e cada vez máis difícil escoller os mellores. Por eso todos os participantes levan o seu agasallo.

Neste curso 2016/2017 os gañadores/as, e que por tanto tiveron un maior premio, foron:

  • Daniela O. (3.º Primaria)
  • Matías V. (6.º Infantil)
  • Daniela R. (4.º Primaria)
  • Alexandra (5.º Primaria)
  • Iria (6.º Primaria)

Aquí tedes as fotografías destes estupendos traballos!

 

 

CONCURSO "AS ÁRBORES DE NADAL" 2015

Venres 18 de decembro de 2015

Como xa é habitual coa chegada do Nadal, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocamos o concurso "As árbores de Nadal".

A imaxinación das familias segue a sorprendernos edición tras edición e, cada ano, resulta máis difícil elixir aos gañadores/as.

Estes foron os traballos presentados:

Ao remate do festival de Nadal, realizamos a entrega de agasallos a todos os participantes e aos gañadores/as.

Nesta ocasión as árbores premiadas foron as presentadas por:

  • Lúa: 6.º Educación Infantil
  • Xabi: 6.º Educación Inafntil
  • Nicolás: 6.º Educación Infantil
  • Xoán: 2.º Educación Primaria
  • Adriano: 5.º Educación Primaria

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA

PARTICIPACIÓN!!!

(Clicade en calquera fotografía para acceder á exposición completa)

 

ÁRBORES DE NADAL 2014

Venres 19 de decembro de 2014

Un ano máis as familias puxeron en marcha a súa imaxinación para participar no concurso "As árbores de Nadal".

 

Estes son foron os traballos presentados:


 

Cada vez resulta máis difícil para o xurado escoller aos premiados. Nesta ocasión os galardoados resultaron:

        • Daniela: 4.º Educación Infantil
        • Carla: 6.º Educación Infantil
        • Álvaro: 5.º Educación Primaria
        • Lucas: 5.º Educación Primaria
        • Antía: 5.º Educación Primaria

 

Ao rematar o festival de Nadal tanto os gañadores como todos os participantes recibiron os seus agasallos:

 

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

CONCURSO ÁRBORES DE NADAL

Un ano máis, as familias puxeron en marcha toda a súa imaxinación para elaborar as árbores de Nadal para o concurso. Nesta ocasión, ademais da mensaxe en galego, debía empregarse material de refugallo para facer a decoración.

Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos presentados:

Lembrade que todos os participantes recibiredes un agasallo ao rematar o Festival de Nadal. Ademais, entregaranse os premios aos gañadores/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut