Skip to Content

En busca do tesouro

EN BUSCA DO TESOURO 2020/2021

Martes 3 de novembro de 2020

Un ano máis, desde o Equipo TIC, propoñémosvos a actividade

"EN BUSCA DO TESOURO"

Debido á COVID-19 tivemos que cambiar a organización, así que lede con atención as instrucións e...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Podedes descargar o cartel en tamaño A4 nos documentos adxuntos.

 

ATOPADO 12º TESOURO!

Venres, 7 de xuño do 2019

O alumno André de 5º curso de primaria foi o premiado ó atopar o 12º Tesouro deste concurso.

Logo dunha intensa busca e tras 14 pistas, atopou o cofre dentro do libro "A Boca do Inferno" da editorial EVEREST e do autor Carlos Freire.

Parabéns pola túa busca!

12ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº14

Venres, 31 de maio do 2019

Aquí a derradeira pista deste curso, esperamos que sexa definitiva para atopar o libro que buscamos!

<Na portada do libro o personaxe toca un instrumento musical de corda.>

         

12ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº13

Venres, 24 de maio do 2019

A número trece pode ser unha pista moi importante, piratas!

<O autor do libro chámase Carlos>

                       

12ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº12

Mércores, 15 de maio do 2019

Aquí a pista número doce, ánimo que xa falta menos!

<A editorial do libro é o nome dunha montaña moi coñecida>

                 

12ª BUSCA DO TESOURO: PISTA Nº11

Venres, 3 de maio do 2019

Pista número doce, atentos e atentas piratas!

<Na actualidade o autor dirixe un grupo de teatro chamado "TROTACONVENTOS".>

                  

Distribuir contido


by Dr. Radut