Xoves 18 de decembro de 2014
Xa temos gañador da primeira busca do tesouro!!!
As pistas que fomos publicando facían referencia á biografía de Salvador Dalí, un dos artistas máis extravagantes e xeniais do noso país.
Este era o libro que debiades atopar. Non deixedes de botarlle unha ollada na biblioteca porque amosa dunha forma clara datos moi interesantes sobre a súa vida e obra.
Despois de 6 pistas, Xoán, de 1.º curso de Primaria, foi o primeiro en encontrar o cofre no interior do libro.
PARABÉNS
Solución ás pistas:
- Pista nº 1: fai referencia a unha das manías de Dalí.
- Pista nº 2: outra das rarezas deste fantástico artista.
- Pista nº 3: cambiando os números polas letras correspondentes do abecedario en galego saía nome da súa nai (Felipa).
- Pista nº 4: non sabía falar inglés; aínda así, Nueva York foi a súa cidade favorita.
- Pista nº 5: foi o creador do logotipo dos Chupa Chups.
- Pista nº 6: sala Mae West creada por Dalí no Teatro Museo Dalí de Figueres (Girona) pola admiración que sentía por esta actriz.
IMPORTANTE: Á volta das vacacións de Nadal comezamos outra busca do tesouro, así que haberá novas oportunidades para todos.
ÁNIMO PIRATAS!!!