Skip to Content

1.º TESOURO ATOPADO!!!

Xoves 18 de decembro de 2014

Xa temos gañador da primeira busca do tesouro!!!

 

As pistas que fomos publicando facían referencia á biografía de Salvador Dalí, un dos artistas máis extravagantes e xeniais do noso país.

Este era o libro que debiades atopar. Non deixedes de botarlle unha ollada na biblioteca porque amosa dunha forma clara datos moi interesantes sobre a súa vida e obra.

Despois de 6 pistas, Xoán, de 1.º curso de Primaria, foi o primeiro en encontrar o cofre no interior do libro.

 

PARABÉNS

Solución ás pistas:

  • Pista nº 1: fai referencia a unha das manías de Dalí.
  • Pista nº 2: outra das rarezas deste fantástico artista.
  • Pista nº 3: cambiando os números polas letras correspondentes do abecedario en galego saía nome da súa nai (Felipa).
  • Pista nº 4: non sabía falar inglés; aínda así, Nueva York foi a súa cidade favorita.
  • Pista nº 5: foi o creador do logotipo dos Chupa Chups.
  • Pista nº 6: sala Mae West creada por Dalí no Teatro Museo Dalí de Figueres (Girona) pola admiración que sentía por esta actriz.

 

IMPORTANTE: Á volta das vacacións de Nadal comezamos outra busca do tesouro, así que haberá novas oportunidades para todos.

ÁNIMO PIRATAS!!!

 



page | by Dr. Radut