Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

BADALADAS 2018

Coas badaladas anticipadas do 2018, desexámosvos un Bo 2018!!

 

ENTREGA DE PREMIOS

Neste video podedes ver a entreda de premios aos gañadores e o sorteo de camisetas do Clube de Atletismo de Sada.

 

CARREIRAS SAN SILVESTRE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Nos videos podedes ver as carrerias dos nenos que practicaron previamente coas mestras de educación física e psicomotricidade.

 

SAN SILVESTRE 2017

O último día de clase antes das vacacións, o 21, festexamos a chegada do Nadal como un verdadeiro fin de ano, no que non faltou a carreira de San Silvestre  que organizou o equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Moitas gracias ás familias pola vosa participación e axuda! 

E moitas gracias ao Clube de Atletismo de Sada que fixo os quecementos, axudou nos percorridos, nos premios... sempre con moi boa disposición.

 

ACTUACIÓNS DE NADAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

BAILAMOS POLO NADAL!

MOSTEIRÓN BAILA POLO NADAL

 

ENCONTROS DE CIDADES EUROPEAS

Os nenos e nenas de educación infantil levan un tempo traballando sobre Londres, Roma e París e aquí temos unha mostra do seu traballo no encontro das tres cidades, no que non faltou nin a vestimenta típica, nin a comida, nin a música.

 

OS LARPEIROS DE MOSTEIRÓN COCIÑAN EN EUROPA

Nesta ocasión os pequenos do cole cociñaron receitas típicas de Roma (3 anos), Londres (4 anos) e París (5 anos).

Delicioso! 

II SAN SILVESTRE MOSTEIRÓN

Este ano convidamos ás familias a participar na “II carreira de San Silvestre do Mosteirón”, pero coa condición de que participedes na andaina ou carreira para adultos ou ben acompañando aos vosos fillos/as se son de Ed. Infantil.

  Tedes ata o 18 de decembro para apuntarvos.

O C.A.S. (Clube de Atletismo de Sada) prestouse tamén este ano a colaborar na carreira, haberá agasallos e sorpresas, asi que non tedes excusa para non vir correr connosco.

Cliquea para inscribirte (Inscribir)

NON VIOLENCIA

@s alumn@s de educación infantil unidos contra a violencia de xénero.

 

Menús 2017/2018

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O xoves día 9, no cole fixemos un magosto tradicional, e esta vez, con castañeiros que viñeron ao cole facernos unhas castañas riquísimas!

 

Despois de comer as castañas tocou o momento de rememorar xogos tradicionais; por unha banda os alumnos/as de primaria tiveron campionato de peón, mentres os de infantil fixeron circuitos de diferentes xogos, nos que os alumnos/as de 6º de primaria ian guiando os xogos: rap do magosto, xogo do peón, búsqueda de pistas, xogos de relevos, decoración, mariola... pasámolos todos , alumnos/as e profes, en grande.

 

 

SAMAÍN 2007

O  día 31 Mosteirón volveuse moi terrorífico, tanto que se bailou ao son de Thriller de Michael Jackon, con coreografía realizada dende música e educación física, aquí vai a montaxe reaizada por Dan, o noso auxiliar de conversa.

 

Os peques de infantil bailaron un baile que prepararon dende psicomotricidade.

 

LARPEIROS DE MOSTEIRÓN EN SAMAÍN

Os nenos e nenas de educación infantil este curso levan a cabo diversas actividades baixo a denominación "Os larpeiros de Mosteirón", e, a primeira, comezou por facer receitas terroríficas de Samaín. Estaba tan bo e elaborado con tanto cariño que pouco quedou.

 

VENDIMA EN INFANTIL

Este curso, infantil está viaxando por diferentes lugares do mundo, e, a primera parada foi moi preto, na Ribeira Sacra e para adentrarnos na sua tradición, no día de hoxe, todos os peques de infantil puxéronse mans á obra para facer un viño con denominación de orixe. Vendimiamos, esmagamos uvas, descansamos un pouco cunha doce bica... e logo, despois dun pequeno repouso, chegou o momento de probar o noso mosto!! 

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Adxúntanse as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto.

 

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS DE TEXTO

Adxuntase a listaxe provisional de admitidos e excluídos.

 

FESTA FIN DE CURSO

Deixámosvos un pequeno resumo da festa de fin de curso, que agardamos desfrutárades tanto coma nos!! Moitas gracias por acompañarnos este día.

Todo o claustro de proferes e persoal non docente no centro dexésavos unhas BOAS VACACIÓNS!!!

O 11 de setembro vémonos de novo!

 

CLUSTER EN EDUCACIÓN INFANTIL

En educación infantil ao longo do mes de maio e algo de xuño, nu total de 4 sesións desenvolvemos a actividade chamada "Clusters" en todo educación infanitl. Para iso en base aos intereses dos nenos/as formamos grupos nos que traballar  baixo unha temática que lles chamaba a atención, así pois creamos 6 grupos mixtos, nos cales se perseguía obter productos finais, ou ben bailes, ou a aprendizaxe de xogos, explorar diferentes técnicas de pintura ou ofrecer unha degustación aos compis. Imos publicando os primeiros videos, en canto nos deixe subilos todos, iremos ampliando.

 

 

ACROSPORT

Este curso nas sesións de educación física de 5º e 6º de Educación Primaria estívose traballando o Acrosport. Se queredes ver o resultado, só tedes que ciquear na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut