Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

Radio Voz- Voces de A Coruña

Hoxe Inés de 6º de EI e Telmo de 2º Ep, foron coa profe Sule a Radio Voz ao programa "Voces de A Coruña" a falar do proxecto Voz Natura "Mosteirón fora plásticos e ilusión". Fixeron unha intervención brillante! Noraboa!!!!!!

 

San Silvestre 2019 e Badaladas 2020

Pasámolo xenial, agardamos que as familias tamén, graciñas por pasar esta xornada con nós. Agradecer ao Concello de Sada as augas e os plátanos que repartiu para todos os participantes e ao Clube de Atletismo de Sada por participar con nós, así como que estamos encantados de contar coa participación de ASPACE.

 

 

Visita dos Reis Magos

O xoves os Reis Magos viñeron ao cole a repartir ilusión e caramelos ;-) Aquí veredes a reportaxe da visita aos máis pequenos do cole. 

 

Got Talent

@s mestr@s de 3º de Ed. Primaria prepararon un Got Talent ao que... se animou a participar e asistir gran parte do cole; unha actividade na que, puideron amosar os seus talentos potenciando a autoestima do alumnado, a competencia en comunicación lingüística e todo.. baixo un ambiente lúdico.

Encontros ed. Infantil

Ao rematar o trimestre o alumnado de educación infantil amosou aos compis e ás compis das outras clases de infantil o que estiveron traballando. Dado que, este curso todo o centro está inmerso no PDI sobre o mercado, todas as clases contaron a montaxe do seu posto e promocionárono. Logo, deron a degustar os seus produtos. 

Felices festas

25 N- Mosteirón en Negro- Violencia 0

Obradoiro de cociña na clase das tartarugas

Obradoiro de cociña en 3º B

Esta semana viñeron dúas nais a realizar un obradoiro de cociña en 3º B e regaláronnos este fermoso video, moitas grazas!

 

Magosto 2019

Onte, celebrouse o magosto no cole organizado polo EDLG, que rematou cuns xogos que preparou o equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Agradecer ás familias que viñeron asar as castañas a súa labor, ao grupo "A Meda do Castro" que viñese amenizar o evento, ao Concello de Sada por deixarnos as parrillas e a ASPACE por vin compartir un momentiño do seu tempo con nós.

 

Samaín en Educación Infantil

Ao longo de toda a semana en infantil realizáronse diversos obradoiros creativos nos que o alumnado experimentou, aprendeu e compartiu cos compañeiros/as das tres clases. 

 

Escape Room de Samaín

O alumnado de terceiro tivo que poñer a proba as súas habilidades para resolver o misterio que veredes ao final do video, o mellor o entusiasmados que estaban e que o fixeron en equipo.

 

ENKI

O sábado 19 de outubro un grupo de profes e familias fomos á carreira de obstáculos ENKI, organizada pola Fundación Abrente. Un evento no que, ademais de colaborar coa Fundación pasamos unha tarde divertida, deportiva e saudable... sumamos quilómetros para Piefcitos!!!

Grazas ás familias que nos puideron acompañar! 

Para o ano volvemos, a experiencia foi moi boa!!! 

Transporte Escolar 19.20

Cliquear no arquivo adxunto

Programación Xeral Anual

Saída do alumnado de 2º Ed. Primaria

O alumnado de 2º de Ed. Primaria visitou a exposición "Sopla de Plástico" e realizou un obradoiro sobre a importancia sobre a mesma. Logo visitaron as dependencias do Concello de Sada, onde tiveron a ocasión de falar con Benito Portela, alcalde do Concello, Rebeca Mouriño, concelleira de participación cidadá, transparencia, cooperación e mocidade, con María Nogareda, concelleira de Educación e Deporte entre outros.

Finalizaron a xornada cunha visita ao Carrefour (aproveitando a temática do PDI deste curso) onde puideron ver as distintas dependencias e lles ofreceron unha degustación de zume natural e froitas.

Grazas a todas as familias que os acompañaron neste día e a todas as persoas que fixeron posible que puieden pasar unha mañá tan didáctica, á vez que lúdica.

 

Saída ao Museo de Belas Artes

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou o museo de Belas Artes, onde, ademais de ver as diversas exposicións realizaron actividades artísticas.

Organigrama 2019-2020

Cliquea na imaxe e verás todas as titorías, coordinacións, especialistas, departamento de orientación e equipo directivo.

El Camino de piEFcitos

Cliquea na imaxe para ver a presentación. 

Escape Room en 3º

 O venres en 3º de Primaria fixeron un Escape Room no que puxeron en xogo as súas habilidades, ademais de aprender nun ambiente lúdico.

Distribuir contido


by Dr. Radut