Skip to Content

Blogue de Silvia Abrodos

Eu paro o virus (II parte)

Temos unha nova entrega de como os/as nosos/as peques fan para frenar o coronavirus.

Moitas grazas polas achegas e non dubidedes en seguir enviando!

Obradoiros coas familias en eduación infantil.

As mestras de educación infantil fixemos un pequeno recompilatorio das actividades que realizaron as familias de educación infantil con nós no que vai de curso.

Moitísimas grazas e cando volvamos.... agardamos que veñades as que poidades. 

 

Recomendacións do DO

NOVO: Consellos para o traballo da comprensión lectora.

 

NOVO: Actividades para traballar lecturas.

Recomendacións da Federación de Autismo España para saír á rúa por causas de forza maior. (Acceder)

Adxuntamos dous arquivos para alumnado con TEA: un é un conto e outro é información. 

Compartimos unhas recomendación útiles para educación infantil que veñen do CEIP A Maia (Enlace)

Nos arquivos adxuntos van tamén contos e recomendacións do colexio de psicoloxía que vos poden ser útiles para pasar este momento.

Documento elaborado polo DO do colexio para levar mellor esta circunstancia. (adxunto: Consellos para favorecer a convivencia familiar)

 

 

Eu paro o virus

Colgamos as primeiras achegas que nos mandan as familias sobre accións boas para parar o virus. Moitas grazas!!
Seguide mandando a mosteirontic@gmail.com

 

Saída educación infantil

Todo o alumnado de educación infantil foi a "El caserío de Tión", un restaurante moi acolledor onde puideron ver de primera man como é unha cociña, como se pon a mesa, cociñar e poder coñecer de primeira man a unha das persoas que lle trae os productos para cociñar, productos de proximidade. 

 

Emisións Mosteirón nas Ondas-

 

Información sobre as medidas adoptadas pola pandemia do Coronavirus (Covid-19)

Nesta entrada estará unificada toda a información que se está trasladando estos días sobre a suspensión da actividade lectiva:

- Dende o día 16 de marzo e durante 14 días naturais suspendense as actividades lectivas. Enlace á nova (Visitar) 

- Instrucións do 13 de marzo 2020 (Consultar)

É importante aclarar que: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

No DOG do 15 de marzo 2020 reflictese isto:

Se suspenden los términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reiniciará en el momento en que pierda vigencia el presente acuerdo o, en su caso, las prórrogas de este. (Enlace ao DOG)

No centro educativo non se recollerá ningún tipo de documentación referida ao proceso de admisión ate novo aviso.

Se alguen precisa de algo de carácter urxente pode contactar con nós vía e mail: ceip.mosteiron@edu.xunta.es ou nos teléfonos 881.880.972/881.880.973.

Horario de 10:00 a 13:00.

Grazas pola vosa colaboración. 

Actividades para o período non lectivo por emerxencia sanitaria.

Estimadas familias:
Seguindo as instrucións publicadas o día 13 de marzo de 2020: " O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros  medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables",

así pois engadimos os enlaces para a súa descarga. Entrade como convidados e accederedes a elas (Debaixo do recadro que pide usuario e contrasinal... hai un recadro que pon "entrar como convidado). Tamén poderedes ver os e mails de contacto dos mestras e das mestras.

Agardamos que axiña poidamos estar de novo en activo. Moita forza para toda a comunidade educativa. 

Actividades educación infantil. 

Actividades educación primaria.

Entroido larpeiro

Nova emisión en Mosteirón nas Ondas

 

Mosteirón nas Ondas

No día de hoxe, 13 de Xaneiro, Día Mundial da radio nace "Mosteirón nas Ondas".

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós; na primeira emisión xa podedes escoitar de que vai tratar.

Hoxe, tivemos a sorte de contar con Mónica Rodríguez, escritora que veu á nosa biblioteca e da que non desperdiciamos a oportunidade de que puidese deixarnos unhas verbas para as primeiras emisións.

 

Perros y letras

Este venres comezou a desenvolverse no colexio unha nova actividade, denominada "Perros y letras". Foi ofertada polo Concello de Sada, dende a Concellería de Educación, como proxecto piloto. 

A esencia da mesma basease na potenciación e mellora da lectura, vocabulario, comprensión... así pois, as actividades lévanse a cabo cunha cadela chamada "Dana" e  este curso vanse desenvolver con 6 alumnos/as de educación primaria, un por cada nivel. O venres pasouse por todas as aulas de primaria para presentar a "Dana" e a súa dona.

 

Reserva da biosfera

Os alumnos e as alumnas de 5º EP están inmersos no Programa da Reserva da Biosfera, posto en marcha en colaboración co Concello de Sada. Están traballando sobre o horto escolar e.... despois dunhas nocións básicas explicadas no aula puxéronse máns á obra do invernadoiro.

 

 

Visita ao IES O Mosteirón

O alumnado de 6º EP visitou este venres o IES O Mosteirón. 

Obradoiro en 2º Educación Primaria

@s alumn@s de 2º EP realizaron esta semana un obradoiro coas familias dos nenos e nenas que cumpren anos ao longo deste trimestre; o obradoiro consistiu na realización dos disfraces de entroido.

Obradoiro de familias en educación infantil

O luns pola tarde realizamos coas familias do alumnado de educación infantil un obradoiro para a confeccións dos disfraces de entroido. Grazas ás familias pola súa implicación. 

Actividade conxunta 3 anos e 5º EP

Esta semana @s peques de 3 anos "mercaron" froita na froiteiría "As Delicias", que é o posto do mercado que teñen en 5º B. E xuntos fixeron uns ricos zumes.

 

Admisión: Reserva praza IES O Mosteirón

As familias que teñan ao seu fillo/a matriculado en 6º Ed. Primaria e queiran que  sigan os seus estudios no IES “O Mosteirón” presentarán o documento adxunto (anexo I) na Secretaria do Colexio do 1 ao 15 de febreiro (de 09’00 a 14’00 horas) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Se polo contrario desexan que estudien noutro Instituto o prazo para a admisión de alumnos é do 1 ao 20 de marzoLembrámoslles que só se pode presentar unha única solicitude no Centro no que se solicita praza en primeiro lugar.
 
        Para calquera dúbida que Vdes. poidan ter (horarios, comedor, rutas de transporte escolar, ...) deberán poñerse en contacto co Instituto (Tlf.: 881.880.949)

Adxúntase formulario admisión. 

Día Escolar da Paz e Non violencia

Neste día tivemos a sorte de escoitar música en directo a cargo de Paty Lesta e Cristian Leggiero, pais dunha nena do cole! Interpretaron cancións relacionadas coa temática e invitáronnos a bailar, cantar e desfrutar.

Moitas grazas!

 

I Encontro Voz Natura Mosteirón

Este curso dentro do noso programa Voz Natura chamado "Mosteirón fóra plásticos e ilusión", os cursos adheridos ao programa explicaron aos demais compañeiros e compañeiras o que estaban traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut