Skip to Content

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O xoves día 9, no cole fixemos un magosto tradicional, e esta vez, con castañeiros que viñeron ao cole facernos unhas castañas riquísimas!

 

Despois de comer as castañas tocou o momento de rememorar xogos tradicionais; por unha banda os alumnos/as de primaria tiveron campionato de peón, mentres os de infantil fixeron circuitos de diferentes xogos, nos que os alumnos/as de 6º de primaria ian guiando os xogos: rap do magosto, xogo do peón, búsqueda de pistas, xogos de relevos, decoración, mariola... pasámolos todos , alumnos/as e profes, en grande.

 

 



blog | by Dr. Radut