BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

blogue deadmin2

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-21

ESTÁ ADMITIDO PROVISIONALMENTE TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO EN E.INFANTIL E PRIMARIA.DESPOIS DO 9 DE XUÑO COMUNICAREMOS A ADMISIÓN DEFINITIVA.

PERIODO DE MATRÍCULA:DO 1 ATA O 10 DE XULLO.

ESTÁN DISPONIBLES NO CENTRO OS IMPRESOS DE MATRICULACIÓN.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL 2020-21

PINCHA NO SEGUINTE ENLACE PARA OBTER INFORMACIÓN:
 Fondo solidario de libros:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.(todo o alumnado ten que solicitalo)
 Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.(para rentas per cápita ata 10000 euros) e EE.(OS DE 5 ANOS TEÑEN QUE SOLICITAR PARA 1º)
 Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.(para rentas per cápita ata 6000 euros)e EE.
 A renda per cápita resulta de sumar o recadro 432 e 460 da declaración da renda do ano 2018.(suma de ingresos da unidade familiar dividido entre o número de membros se non hai declaración).Computan todos os membros que convivan na unidade familiar e no caso de separación a persoa proxenitora que non conviva cando haxa custodia compartida.
 O curso para o que solitamos axuda é para o seguinte no que está o alumnado actualmente.
 
Prazo de presentación de solicitudes:

- Do 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.

  SOLICITUDES: Cumprimentadas correctamente,asinadas .(NON ENTREGAR FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA SÓ A FOTOCOPIA DA SENTENCIA DE SEPARACIÓN SE PROCEDE E NON ESTÁ ACTUALIZADA NO COLEXIO).

-Os/As irmáns deben ir xuntos na mesma solicitude.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º E.P.)

 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

10 DE XULLO DE 2020

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

 11 E 12 DE XULLO DE 2020

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

20 DE XULLO DE 2020

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO

AO COMEZO DE CURSO

 

 

 
 

DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia informamos dos seguintes puntos:

1. No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso.

2. As actividades propostas serán avaliables, flexibilizando os criterios de avaliación para adaptarse ás características deste terceiro trimestre.

o   

Propoñeranse actividades de avaliación periódicas.

3. Proximamente publicaranse na nosa páxina web as programacións de cada unha das áreas adaptadas ás características deste 3º trimestre nas que poderán consultar:

o   

As aprendizaxes de repaso ou reforzo a realizar e a metodoloxía empregada.

o   

Os procedementos e instrumentos de avaliación empregados.

o   

Os criterios de avaliación e cualificación.

PILLARRATOS INVÍTANOS A FESTEXAR O DÍA DO LIBRO!

Este xoves é o Día do libro e Pillarratos non quere deixar pasar esta festividade tan importante, así que invítanos a festexalo todos xuntos/as desde as nosas casas... ANIMÁDEVOS FAMILIAS!!Risa  PREME NO SEGUINTE ENLACE!!

TER UN LIBRÉ TER UN AMIGO

 

DÍA DO LIBRO

             

O PROFESORADO do CEIP MOSTEIRO quere darvos as GRAZAS

                                                  

 

 

Horario 6ºA

Bo día familia! Deixovos tamén por aquí o meu blog onde irei subindo o Horario de cada semana de 6ºA para telo todo máis organizado. Tamén recalcar que os exercicios de Snappet deberían estar rematados durante toda a semana. 

Un saúdo e ánimo! Yéssica

 O Enlace o encontrades aquí abaixo Sorriso

https://mosteiro6a.blogspot.com/2020/03/6a-traballamos-na-casa.html

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Este 8 de marzo conmemoramos no cole o Día internacional da muller elaborando carteis e postais adicadas á importancia da igualdade entre homes e mulleres. Ademais, o alumnado de 6ºA e os nenos e nenas de 5 anos traballaron conxuntamente descubrindo a figura de Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar ao espazo.

Así de fermosa quedou a entrada do cole!

               

Premede na imaxe para acceder a máis fotografías. 

UN ENTROIDO "EN VERDE"

Este ano festexamos o Entroido cunha chea de comparsas relacionadas co noso proxecto de centro "Mosteiro EN VERDE". 

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS FOTOS. 

MARTES FARELEIRO POLO ENTROIDO

A pasada semana festexamos no cole o Entroido levando a cabo diferentes actividades. Entre elas, gozamos do martes fareleiro recollendo unha das tradicións máis emblemáticas do Entroido galego: o FARELEIRO.

PREME NA IMAXE para ver como disfrutamos todos xuntos desta festividade!

 

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo