BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
blogue deadmin2
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL 2020-21
Enviado por admin2 o Mar, 19/05/2020 - 07:48- Do 2o de maio ata o 19 de xuño de 2019.
SOLICITUDES: Cumprimentadas correctamente,asinadas.(NON SON NECESARIAS AS FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA ,SÓ SE É O CASO A FOTOCOPIA DA SENTENCIA DE SEPARACIÓN CANDO NON ESTE ACTUALIZADA NO COLEXIO A DATA DE DECEMBRO DO 2018)
-Os/As irmáns deben ir xuntos na mesma solicitude.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ( ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º E.P.) |
|
PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS |
1O DE XULLO DE 2020 |
RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS |
11 E 12 DE XULLO DE 2020 |
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS |
20 DE XULLO DE 2020 |
ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO |
AO COMEZO DE CURSO |
- APIs de Blogue
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE
Enviado por admin2 o Xov, 14/05/2020 - 06:09Segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos dos seguintes puntos:
1. No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo, e afondarase nas aprendizaxes xa traballadas nos dous primeiros trimestres do curso.
2. As actividades propostas serán avaliables, flexibilizando os criterios de avaliación para adaptarse ás características deste terceiro trimestres.
3. Propoñeranse actividades de avaliación periódicas.
4. Proximamente publicaranse na nosa páxina web as programacións de cada unha das áreas adaptadas ás características deste 3º trimestre nas que poderán consultar:
- As aprendizaxes de repaso ou reforzo a realizar e a metodoloxía empregada.
- Os procedementos e instrumentos de avaliación empregados.
- Os criterios de avaliación e cualificación.
- APIs de Blogue
NOVO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21
Enviado por admin2 o Mér, 06/05/2020 - 06:17Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Novos prazos do procedemento:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo.
Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
PREMA NO ENLACE PARA MÁIS INFORMACIÓN
- APIs de Blogue
DÍA DO LIBRO 2020. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO
Enviado por admin2 o Ven, 24/04/2020 - 04:53Un Día do Libro diferente, nas nosas casas, pero cheo de recomendacións lectoras dos nosos nenos e nenas. Premede no ENLACE para acceder a todos os contos que nos enviaron, e lembrade, “TER UN LIBRO É TER UN AMIGO”
- APIs de Blogue
POLOS NOSOS NENOS E NENAS...
Enviado por admin2 o Mar, 21/04/2020 - 08:23Porque non podemos sentirnos máis orgullosos de vos...
GRAZAS NENOS, GRAZAS NENAS.
Premede na imaxe para acceder ao vídeo.
- APIs de Blogue
GRAZAS DO PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO
Enviado por admin2 o Ven, 17/04/2020 - 12:57O PROFESORADO DO CEIP MOSTEIRO QUERE DARVOS AS GRAZAS!
Esta mensaxe vai dirixida a todas as familias e tamén a cada alumno e alumna polo esforzo e o
tempo que estades adicando, dende os vosos fogares, a realizar as tarefas escolares propostas
polo profesorado.
O CLAUSTRO ENVÍAVOS UNHA FORTE APERTA E MOITO ÁNIMO!!!
- APIs de Blogue
MENSAXE DE ÁNIMO DO CLAUSTRO
Enviado por admin2 o Ven, 27/03/2020 - 14:08O claustro do CEIP MOSTEIRO-BEMBRIVE quere mandarvos moita forza e ánimo nesta etapa tan díficil para todos.
Premede na imaxe para acceder ao video.
APERTAS FAMILIAS!
- APIs de Blogue
HORARIO 6ºA
Enviado por admin2 o Dom, 22/03/2020 - 15:49Bo día familias! Deixovos aquí o enlace o meu blog "6ºA TRABALLAMOS NA CASA" onde irei colgando todas as semanas o que hai que facer e telo todo máis organizado!
Este é o enlace:https://mosteiro6a.blogspot.com/2020/03/6a-traballamos-na-casa.html
Gracias pola vosa atención e ánimo !
- APIs de Blogue
AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDES DE MATRÍCULA
Enviado por admin2 o Lun, 16/03/2020 - 07:34PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
- APIs de Blogue
INFORMACIÓN DE MEDIDAS EN RELACIÓN CO COVID-19
Enviado por admin2 o Ven, 13/03/2020 - 09:21Estimadas familias, seguindo as medidas publicadas pola Consellería de Educación para adoptar en todos os centros de ensino non universitario, suspéndese todo tipo de actividade lectiva, incluídos os servizos educativos complementarios, a partir do LUNS 16 DE MARZO. A suspensión da actividade lectiva vai prolongarse os vindeiros 14 días naturais.
www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Manteremos informada a toda a comunidade educativa.
Grazas pola vosa colaboración.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »