BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
blogue deadmin2
DÍA DO LIBRO 2021. TEATRO NEGRO
Enviado por admin2 o Sáb, 01/05/2021 - 11:40Este curso festexamos o Día do Libro dun xeito moi especial, vivindo unha fermosa experiencia na nosa biblioteca.
Os nenos e nenas de 1ºB e de 5º de Primaria prepararon estas fantásticas actuacións invitándonos a vivir unha marabillosa experiencia de teatro negro na biblio.
Pinchade na imaxe para acceder aos vídeos das actuacións.
- APIs de Blogue
ADMISIÓN PROVISIONAL 2022
Enviado por admin2 o Lun, 19/04/2021 - 04:39ESTÁN ADMITIDAS PROVISIONALMENTE PARA O VINDEIRO CURSO 2021-22 TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA E.INFANTIL DE TRES ANOS.
EN MAIO PUBLICAREMOS A RESOLUCIÓN DEFINITIVA.
- APIs de Blogue
ENTROIDO 2021. UN ENTROIDO "DIFERENTE" PERO XENIAL
Enviado por admin2 o Lun, 15/02/2021 - 13:56Este ano gozamos dun Entroido algo distinto no cole, pero entre todos/as fixemos que fora especial e sobre todo, MOI DIVERTIDO! Aquí deixamos fotiños e vídeos dalgunhas das actuacións que fixeron os nosos alumnos/as para os seus compañeiros.
Gozade destes días de descanso!
Premede na imaxe para acceder á galería.
- APIs de Blogue
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Enviado por admin2 o Xov, 28/01/2021 - 17:14Este curso tan diferente, con motivo do"Día escolar da paz e a non violencia", alumnado e profesorado participamos na gravación dun Lipdub baixo o lema da canción "Color esperanza". Non perdamos a esperanza e a ilusión de recuperar o tempo perdido, de novo, xuntos/as.
Premede na imaxe para acceder ao vídeo.
Apertas fortes familias!
- APIs de Blogue
PROCESO ADMISIÓN CURSO 2021-22
Enviado por admin2 o Mar, 29/12/2020 - 07:36Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.
TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE.
MATRÍCULA 2021-2022
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CENTRO DO 1-20 DE MARZO:
-SOLICITUDE ED550B BEN CUMPRIMENTADA E ASINADA.(No caso de separación os dous proxenitores)
-LIBRO DE FAMILIA.(Fotocopìas Compulsadas)
-CERTIFICADO DE PADRÓN (Unidadefamiliar)
-Certificado do lugar de traballo o Sentencia de separación si é necesario.(Puntuación Baremo)
-PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 25 de abril.
-PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.
-FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: 20-30DE XUÑO.
DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA (NO CASO DE SER ADMITIDO/A)
-IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO E ASINADO.(No caso de separación ,polos dous proxenitores e aportación da documentación axeitada)
-IMPRESOS ENTREGADOS POLO COLEXIO CUMPRIMENTADOS E ASINADOS.
-CERTIFICADO MÉDICO DO PEDIATRA.
-FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
-2 FOTOGRAFÍAS.
ALUMNADO DE 6º
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.
- APIs de Blogue
FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO ALUMNADO
Enviado por admin2 o Lun, 21/12/2020 - 18:52O alumnado do CEIP Mosteiro quere dexesarvos a todos/as un BO NADAL! Que pasedes estes días en familia con ledicia e saúde. En nome de todo o claustro do centro, queremos agradecer a todas as familias o voso cariño, apoio e compresión ao longo deste primeiro trimestre tan complicado.
Deixamos un vídeo dos nosos nenos/as, un festival de Nadal algo distinto pero feito co mesmo cariño.
BO NADAL FAMILIAS!
Premede na imaxe para acceder ao vídeo:
- APIs de Blogue
FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN
Enviado por admin2 o Lun, 21/12/2020 - 18:39O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.
Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.
Preme na imaxe para ver o vídeo.
- APIs de Blogue
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Enviado por admin2 o Ven, 18/12/2020 - 13:55- APIs de Blogue
AXUDAS PARA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por admin2 o Lun, 16/11/2020 - 07:54Foi publicada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en E.Primaria,Secundaria e E.Especial (Orde do 6 de novembro 2020).O ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020-21 XA TEN CONCEDIDA AXUDA NON NECESITA PRESENTAR SOLICITUDE.
-TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE o alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
• FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Unicamente de forma presencial no centro educatio no que estea matriculado o/a alumno/a.
•PRAZO: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020
PARA MÁIS INFORMACIÓN E DESCARGA DOS IMPRESOS PREMA NESTE ENLACE : DOGA
- APIs de Blogue
7ª EDICIÓN DO CONCURSO "COÑECE + O TEU AEROPORTO"
Enviado por admin2 o Ven, 06/11/2020 - 15:35- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »