BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

Novas

CALENDARIO ESCOLAR 2021/22

Iniciamos as clases o vindeiro xoves 9 de setembro.

Xa tedes dispoñible o calendario escolar do novo curso, consulta as datas.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER

FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO ALUMNADO

O alumnado do CEIP Mosteiro quere dexesarvos a todos/as un BO NADAL! Que pasedes estes días en familia con ledicia e saúde. En nome de todo o claustro do centro, queremos agradecer a todas as familias o voso cariño, apoio e compresión ao longo deste primeiro trimestre tan complicado.

Deixamos un vídeo dos nosos nenos/as, un festival de Nadal algo distinto pero feito co mesmo cariño.

BO NADAL FAMILIAS!

Premede na imaxe para acceder ao vídeo:

FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN

O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.

Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

CANDO NON DEBO LEVAR O MEU FILLO/A AO COLEXIO?

O protocolo da Xunta establece que antes de acudir ao centro debemos realizar esta autoavaliación.
Se aparecen dous síntomas da enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Debemos comunicar a ausencia ao colexio.
Vos deixamos aquí a enquisa, lembrade tela a man para coñecer ben os síntomas.
Debemos ser responsables, grazas familias.
 

RECREOS RESIDUOS CERO

Na liña do noso proxecto "Mosteiro en verde", desde o centro propoñemos esta iniciativa para reducir o consumo de residuos no noso día a día. Para isto propoñemos o reto "MERENDAS CERO RESIDUOS", coa finalidade de motivar ao noso alumnado a reducir os residuos nos seus almorzos, así como de evitar, na medida do posible, o emprego de briks, botellas, envases de plásticos e o papel de aluminio. 

RETO: INTENTAREMOS COMER FROITA E EMPREGAR ENVASES REUTILIZABLES E CANTIMPLORAS. 

Continuamos co noso compromiso de coidar do medioambiente...

SEMANA POLO CLIMA

A pasada semana conmemoramos no cole a "Semana polo clima", levando a cabo diferentes actividades para concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente para iniciar o noso proxecto de centro "MOSTEIRO EN VERDE". 

No enlace podedes observar algunhas imaxes e videos desta experiencia. 

https://ceipmosteirobembrive.blogspot.com/2019/10/semana-do-clima.html

A BANDA DE MUSICA DE BEMBRIVE NO COLE

Grazas a visita da Banda de música de Bembrive gozamos dun concerto didáctico de gran interese.

Con esta visita queda inaugurado  o proxecto integrado deste curso:"Sinte a música e Emocionate!!     

                                       Resultado de imagen de fotos banda de bembrive  

     

 

AXUDAS:LIBROS DE TEXTO,FONDO LIBROS E MATERIAL.

O vindeiro curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º e 3º de ESO. Nos restantes cursos – 1º e 2º de educación primaria, 2º e 4º de ESO e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.

Educación Primaria:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
  • Material escolar:Renda per cápita familiar ata 5.400 euros
  • COMPUTAN OS INGRESOS dos pais,nais e as personas que convivan na familia.(excepto casos marcados na lei).No caso de separación e custodia compartida computan os dous proxenitores.

       O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.(solicitude única por familia ).

   Para máis información e descargar solicitude  prema no seguinte ENLACE:

   http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.html

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano adícanse as letras galegas ao escritor MANUEL MARÍA.Si queredes saber más cousas sobre a súa vida e obra preme nas fotos.

                  COÑECEMOS UN POCO DA SÚA VIDA                

       VISITAMOS A CASA MUSEO

  A rebelión das ovellas    O muiño     A cidade

 

 

A RECONQUISTA NO MOSTEIRO

O venrés 1 de abril recibimos a visita dun historiador e os seus colaboradores para facer unha mostra do que foi a   Reconquista de Vigo e saber un pouco máis do noso triunfo contra os franceses.A charla foi moi interesante e non esqueceremos algúns dos seus protagonistas:CACHAMUIÑA,ROSENDO,ALMEIDA...

PREME NA FOTO 

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo