Skip to Content

 

BENVID@S AO NOVO CURSO!!

Comezamos un novo curso che@s de ilusión!

Unha grande aventura, chamada nesta ocasión 4º de Primaria. Novos retos, momentos inesquecibles, grandes aprendizaxes... Agardamos que non falte  a diversión , pero tampouco o esforzo, o traballo,  as ganas de superarse, a amizade, o compañeirismo e tantos outros valores que farán que este curso 2022-23 sexa único.

BENVID@S e A POR 4º!!

NON HAI  NADA IMPOSIBLE, SÓ AQUILO QUE NON SE INTENTA!!

 

Tod@s sodes ÚNIC@S E ESPECIAIS  e XUNT@S formades un GRANDE EQUIPO!!

 

DESCUBRINDO O RÍO LOURO!

Ola familias,

como xa vos contamos desfrutamos moito da Senda do Monte Aloia, pero tamén tivemos a oportunidade de percorrer o paseo do río Louro. Estivemos acompañados duns guías maravillosos que nos explicaron cales eran os diferentes elementos naturais (flora e fauna) do seu habitat. E rematamos a saída no Pazo de Mos, para que os nenos e nenas coñeceran un pouco da súa historia. 

Se queredes ver o ben que o pasamos, soamente tendes que clicar na seguinte imaxe.

Ata a próxima!

 

SAÍDA MONTE ALOIA

Ola familias!

O pasado venres tivemos a oportunidade de desfrutar da saída ao Monte Aloia. Amosáronnos o seu entorno natural, a súa flora e fauna, así como diferentes curiosidades sobre elas. Ademais tivemos un tempiño para xogar e desfrutar dos nosos compañeiros e compañeiras. Pasámolo moi ben!

Se queredes compartir connosco este fermoso momento, clicade na seguinte imaxe.

 

 

O PREZO XUSTO!

Ola familias!

Antes de rematar o trimestre queríamos amosarvos o ben que o pasamos xogando a... O PREZO XUSTO! O xogo consistiu en adiviñar o prezo real de diferentes obxectos en equipo. 

Premede na seguinte imaxe e veredes como desfrutamos!

VIVA O MARDI GRAS!

Ola familias!

Que recordo máis bonito temos do noso entroido! Encantounos a "nosa viaxe a Francia" e disfrutamos creando os nosos complementos para o desfile.

Se queredes ver un poquiño da nosa festa, facede click na imaxe.

Wangari pola paz! 4E.P

Boas familias,

hoxe estivemos recordando a celebración do día da paz do pasado venres día 28 de xaneiro. Descubrimos quen era Wangari e as súas accións para fomentar a paz grazas ao conto "Wangari e as árbores da paz". Logo creamos un elemento moi importante para ela. Queredes descubrilo? 

Pois ben... facede click na seguinte imaxe. 

 

 

 

XOGOS EN EQUIPO

Ola familias,

durante este primeiro trimestre traballamos en equipo e, sobre todo, xogamos en equipo: xogamos ao "Rosco matemático", onde tiñamos que completar o rosco a través da realización de operacións sinxelas e outras non tan sinxelas... e xogamos ao "Gran taboleiro romano", onde tiñamos que completar o taboleiro transformando os nÚmeros en números romanos.  ¡Todo un reto que non encantou! 

Se queredes ver o ben que o pasamos, preme aquí...

ANAQUIÑOS DE NADAL

Ola familias,

xa estamos de volta para amosarvos as actividades que realizamos nestas datas tan especiais. Montamos a árbore de Nadal da nosa clase, decoramos a árbore do colexio cos adornos feitos na casa, realizamos un taller navideño para crear elementos para o noso mural como, por exemplo, unha estrela fugaz, un moneco de neve,... ata fixemos ¡un elfo bailarín!

Se queredes ver o noso album de fotos, preme aquí.

 

!Viva o noso Magosto!

Os alumnos e alumnas de 4º festexamos o Magosto e !pasámolo en grande! Pero antes... estivémonos preparando para o gran día.

Unha semana antes, estivemos a ler un fermoso libro chamado "A castaña que chegou a árbore" de Tucho Calvo. Días despois e con gran estusiasmo, estivemos a preparar e decorar os cucuruchos para comer as castañas.

E, por fin, chegou o día. Cucuruchos arriba e... !A disfrutar! A continuación, veredes un video con fotos do momento. 

!Un saúdo!

Preme aquí para velo. 

BENVIDOS A 4º PRIMARIA!

Benvidas familias, nenos e nenas!!!

Meu nome é Noelia e son a vosa titora de 4º Ed. Primaria. Agardo con entusiasmo a vosa enerxía, alegría e curiosidade por descubrir como será esta nova aventura que comezamos xuntos xa! 

Comentarvos que na próxima semana sinalarei a data da reunión presencial de pais e nais para informarvos sobre a organización da aula, as normas de convivencia ou protocolo COVID... entre outros aspectos. (Un só familiar por neno ou nena).

E, ademais, podedes visitar a páxina web do centro. Na web atoparedes información do resto de mestres co fin de dar a coñecer as pautas marcadas por eles, como é o caso de Ed. Física.

Un saúdo

Noelia Ramos

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut