Skip to Content

 

NADAL EN 4º B

 

Neste Nadal na aula de 4º B fixemos unha morea de cousas: participamos en todas as actividades propostas dende os distintos equipos do noso colexio, escribimos as correspondentes cartas a Papá Noel e ós Reis Magos, decoramos marcos de fotos con motivos de Nadal, confeccionamos unhas bonitas e brillantes coroas para lucir ben guapos e guapas nas primeiras Badaladas do CEIP Mestre Valverde Mayo e moitas cousas máis!

Desfrutamos moito realizando todas estas actividades e agora invitámosvos a todos e todas a que fagades o mesmo botando unha ollada a este vídeo, resumo do que deu de si o Nadal na nosa aula.

FELIZ ANINOVO!!

NADAL EN 4ºA

Este Nadal realizamos moitas actividades. Houbo de todo e moi variado: actividades de plástica en familia e na aula, visita de PapáNoel e dos Reis Magos e para rematar, tivemos no cole, as primeiras badaladas, acompañadas de gusanitos da sorte!!

Premer na imaxe para ver o traballo realizado e o ben que o pasamos :)

 

EN 4º B HAI ELFOS

O Nadal é un tempo máxico no que todo pode acontecer, mirade senón o que sucedeu na aula de 4º B:

Os nenos e as nenas convertéronse en elfos, seres máxicos e especiais, cheos de luz, capaces de transmitir ese resplandor a tod@s @s que @s rodean.

Deixádevos iluminar  polos elfos de 4º B!!

 

VOLCÁNS EXPLOSIVOS

En 4º B traballamos no primeiro trimestre a Xeosfera e dentro desta  os volcáns, aprendemos moito sobre o tema, experimentamos e o mellor...pasámolo BOOOOOMBA!!

Mirádeo premendo na imaxe:

 

BANDEXAS DA FELICIDADE - 4º A

A felicidade é un estado que todos e todas queremos alcanzar. En 4ºA, realizamos bandexas portadoras de bos desexos e damos unha receita para alcanzar unha vida máis feliz. Para coñecer os ingredientes principais desta receita, premer na imaxe.

 

VISITA AO MUSEO LISTE - 4º

O alumnado de 4º, realizou unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo. Alí, puidemos achegarnos a diferentes aspectos do noso patrimonio galego: oficios artesanais, traballos agrícolas, inventos relacionados coa imaxe e a comunicación: cámaras fotográficas, televisións, teléfonos, lámpadas...Ademais, descubrimos a importancia dos faros para a xente do mar e das persoas que traballaban neles. Isto só é un pequeno resumo do que alí poidemos atopar, o mesmo que estas imaxes que deixamos abaixo.

 

 

 

A visita ao Museo Liste resultou moi interesante.

PAISAXES DE OUTONO

As nenas e os nenos de 4º B invítanvos a desfrutar desta exposición de paisaxes outonais. Premede para velo!

 

OBRADOIRO DE CONSUMO RESPONSABLE

O pasado venres, día 25 de novembro, o alumnado de 4º realizamos no noso cole un obradoiro sobre consumo responsable: "Consumo coidadín".

Aprendemos moitas cousas que tentaremos ter en conta de agora en diante, comezando xa nestas festas que se aveciñan.

Aquí tendes un pequeno resumo da actividade. 


 

IMOS DE MAGOSTO!!

Preme para ver o ben que o pasamos en 4º B neste Magosto 2022!!

PORTACASTAÑAS DE DESEÑO 4º B

 

 

Preme na imaxe para descubrir que portacastañas máis churrusquiños fixemos en 4º B!

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut