Skip to Content

 

SAÍDA A APÍPOLIS - 4º

O alumnado de 3º e de 4º, pasou unha mañá coñecendo o mundo das abellas. Puxemos o traxe de apicultor para entrar protexidos no apiario. Visitamos o pavillón con paneis explicativos sobre a vida das abellas e puidemos ver entre outros aspectos, unha colmea natural e a abella raíña. Participamos en dous obradoiros, un de cociña, no que fixemos galletas con mel e outro obradoiro de artesanía, no que fixemos candeas coa cera das abellas. Pasamos unha mañá moi divertida e aprendemos moito sobre as abellas.

Para ver diferentes momentos desta actividade, premer na imaxe.

 

NA CASA TRABALLAMOS TOD@S - 4º A/B

No colexio, celebramos o Día da Muller con diferentes actividades propostas polo Equipo de Convivencia. Nesta ocasión, o tema escollido para traballar foi: "Os traballos no fogar".

Hai anos, na profesión de moitas mulleres, figuraba: "Sus labores", e incluso SL, para abreviar. A idea de que as tarefas do fogar eran da muller, eran "súas", estaba moi interiorizada, non era preciso especificar a que labores se facía referencia.

Afortunadamente, as mulleres van gañando algunhas batallas, e aínda que queda moito por facer, as tarefas do fogar van sendo cada vez máis, un traballo compartido.

Parécenos unha ocasión perfecta para amosar este vídeo, onde recollemos algúns momentos dunha actividade que realizamos hai xa un tempo, ofertada po Concello. Podemos observar a nenos e nenas traballando man a man en perfecta harmonía.

 

SEMANA DE ENTROIDO EN 4º A

A semana de Entroido, foi unha semana moi diferente a outras. Realizamos moitas actividades divertidas, con sesión de circo incluída!!

- Confeccionamos os complementos do disfrace.

- Decoramos unha máscara para o mural colaborativo da entrada.

- Achegámonos ao Entroido da Ulla, a través de lecturas, imaxes e a charla de sexto.

- Cumprimos coas comandas de Don Carnal e Dona Coresma.

- Celebramos a festa de Entroido: desfile, larpeiradas e para rematar...a queima do meco.

Para ver o ben que o pasamos nesta semana de Entroido, premer na imaxe.

MENUDA PANDA!! - OS PANDAS DE 4ºA

Este curso, @s de 4ºA seguimos formando parte da Panda Verde, xunto aos compañeiros e compañeiras de 4ºB. Por esta razón, neste entroido, no que a temática era: "Animais en perigo de extinción", eliximos o panda e formamos un numeroso grupo disposto a deborar todo o bambú que se puxera por diante.

Premer na imaxe para ver aos pandas de 4º A.

 

@S PANDAS DE 4º B

Preme na imaxe para asistir ao desfile d@s Os@s Pandas de 4º B!!

VIVA O ENTROIDO!!!

Se queres coñecer o que deu de si o Entroido na aula de 4º B, preme na imaxe:

 

 

 

SAN VALENTÍN 2023

MENSAXES QUE ENCHEN O CORAZÓN

Este 14 de Febreiro, na aula de 4º B, celebramos o día de San Valentín enchendo corazóns con mensaxes  de amor, dedicadas aos nosos seres queridos. Tamén participamos no concurso da Biblioteca escribindo preciosas cartas de amor e amizade, converténdoas despois en lixeiros avións con voo directo ao corazón da familia e d@s amig@s.

Agardamos encher de ledicia moitos corazóns!

 

 

 

HABELAS HAINAS - 4º A

Na clase de Plástica o alumnado de 4ºA  creou cadansúa bruxa con material de refugallo. Elixiron un nome para cada unha delas e cando o pronunciaron, as bruxas comezaron a cobrar vida e botaron a falar!

Se queredes ver como son estas bruxas e o ben que falan, premede na imaxe.

 

CONTO DE NADAL

En 4ºA, estamos convencid@s de que os desexos se cumpren, só hai que ter confianza. Nós desexamos que os Reis Magos viñeran ao cole e nos trouxeran un agasallo, e así foi. Cando entramos na clase á volta das vacacións de Nadal, sorpresa!! Truoxeran cadanseu agasallo!!

Moitas grazas, Reis Magos!! 

Premer na imaxe para ver algúns dos mellores momentos da nosa bonita historia.

 

OS AGASALLOS DE REIS

Aos nenos e ás nenas de 4º B agardáballes unha gran sorpresa na súa aula á volta do Nadal, mellor dito, catro sorpresas!! Catro xogos de mesa,  agasallos de Reis para este grupiño sin igual.

Moitas grazas ás SSMM!! Seguro que estes xogos traerán consigo grandes momentos de lecer e diversión !!

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut