Skip to Content

 

PORTACORNETES - 4º A

Este magosto quixemos recuperar os cornetes de sempre pero dándolle un aire máis actual. Fixemos cornetes con papel de xornal e decoramos bolsas para poñer os cornetes dentro. Os nosos portacornetes levaban como motivo principal, a Churrusquiña, a castaña deste Magosto 22.

Premer na imaxe para ver como realizamos os nosos portacornetes.

CASTAÑAS DE CAMUFLAXE - 4º A

En 4ºA axudamos a unhas castañas a pasar desapercibidas para non acabar no lume. Querían ver o Magosto desde fóra, e gozar del como o fixemos nós.

Se queres ver como as disfrazamos para que non as recoñeceran, preme na imaxe.

 

SAMAÍN - 4º A

A semana de Samaín, foi unha semana moi divertida. Realizamos actividades na clase relacionadas con esta celebración, pero o mellor sen dúbida, foron os xogos no pavillón.

Premer na imaxe para ver moitas das actividades que realizamos.

 

DESFILE MODA SAMAÍN 22 - 4ºA

Os celtas, cando celebraban o Samaín, vestían con peles de animais e pintaban a cara para espantar aos malos espíritos. Esta podería ser a orixe dos disfraces na noite de Samaín.

Para ver os nosos disfraces e os deseños tan marabillosos que fixemos, premer na imaxe.

CABAZAS DE SAMAÍN - 4º A

Como cada outono, o Samaín chega ao noso cole. As cabazas non poden faltar, xa que son as grandes protagonistas desta festa. Na casa, coa axuda da familia, os nenos e as nenas de 4º A, decoraron cabazas inspirándose ou non, en personaxes do Samaín.

Premer na imaxe para ver a grande creatividade que hai en 4º A.

 

SAMAÍN EN 4º B

Premede na imaxe e descubriredes todo o que fixemos e o ben que o pasamos neste Samaín 2022 na aula de 4º B.

PASARELA DE MEDO EN 4º B

Na aula de 4º B agardabamos o Samaín para sacar a relucir as nosas mellores e máis terroríficas galas. Premede na imaxe e desfrutaredes dun desfile de medo!

CARAS E CORES - 4º A

O alumnado de 4ºA, imos comezar a nosa andaina neste novo curso, presentándonos dunha maneira orixinal, con cadanseu autorretrato.

Son uns deseños realizados con moitas cores, para transmitir alegría e enerxía positiva.

Para ver os nosos debuxos, premer na imaxe que está a continuación, outra versión diferente de nós mesmos.

 

AUTORRETRATOS 4º B

Comezamos o curso poñéndonos diante do noso espello interior e debuxando o noso autorretrato. O autorretrato ten que ver co autocoñecemento, coa análise crítica do noso corpo, facilita a creación da nosa autoimaxe e autoconcepto mediante a autorrepresentación. A palabra retrato sisgnifica na súa variante latina "sacar fóra". Será que mediante o autorretrato podemos sacar ao exterior aquilo que está no interior?

Benvidos á exposición do alumnado de 4º B!! ASÍ SON E ASÍ SE MOSTRAN!!

BENVID@S AO NOVO CURSO!!

Comezamos un novo curso che@s de ilusión!

Unha grande aventura, chamada nesta ocasión 4º de Primaria. Novos retos, momentos inesquecibles, grandes aprendizaxes... Agardamos que non falte  a diversión , pero tampouco o esforzo, o traballo,  as ganas de superarse, a amizade, o compañeirismo e tantos outros valores que farán que este curso 2022-23 sexa único.

BENVID@S e A POR 4º!!

NON HAI  NADA IMPOSIBLE, SÓ AQUILO QUE NON SE INTENTA!!

 

Tod@s sodes ÚNIC@S E ESPECIAIS  e XUNT@S formades un GRANDE EQUIPO!!

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut