Skip to Content

 

VIVAN AS CASTAÑAS!!

O alumnado de 4º B convídavos a desfrutar dun desfile moi especial, cargado de creatividade. Non vos perdades a Pasarela Magosto Fashion!!

UN SAMAÍN A RITMO DOS ADDAMS 4º B

Se queredes descubrir a marcha que teñen @s de 4º B, premede na

 

imaxe!

XINCANA DA IGUALDADE 3º/4º EP

O pasado martes, día 29 de outubro, o alumnado de 4º, participamos xunto coas compañeiras e os compañeiros de 3º,  nunha xincana de corresponsabilidade. Aprendemos sobre a súa importancia e desfrutamos do traballo compartido.

Aquí tendes un pequeno  resumo do vivido!

 

 

4º EP CO DEPORTE

As nenas e os nenos de 4º participamos onte, 23 de outubro, nunha concorrida xornada de campo a través escolar, organizada pola Xunta de Galiza a través do programa Xogade. Puxemos a proba a nosa capacidade de esforzo e pasámolo moi ben compartindo deporte.

 

BENVID@S A UNHA NOVA ESTREA: CURSO 24-25

Hoxe estamos de estrea!! Comezamos unha nova función: CUARTO DE PRIMARIA!!

E como é normal había nervios, pero tamén moita expectación e emoción. Por diante un novo espectáculo, cheo de grandes retos, novas aprendizaxes e momentos para lembrar.

ESTE VAI SER UN CURSO ESPECTACULAR!!

 

 

O alumnado de 4º deséxavos FELIZ CURSO 24-25.

ACABAMOSSSSS!!!

Pois si, benquerido alumnado de cuarto....rematamos o curso. Pasou voando, non si???

E, como sempre,...a tope de actividades dentro e fóra da aula:

* Voluntariado Miúdo: Asistimos á charla na que afondamos un pouco máis nas labores solidarias que podemos facer.

* Móvete pola Inclusión!: Fixemos unha andaina estupenda coas nosas amigas das Escravas da Virxe DOlorosa. Moita calor, moitas ganas de pasalo ben.....e unha xornada moi diferente!!

 

* Obradoiro sobre a diversidade familiar: Cantas familias diferentes!!! Aprendemos moitas combinacións e o seu nome, porque non hai dúas familias iguais, e iso mola!!

* Mos Talent: A maioría dos nenos e nenas de cuarto van participar noutra edición do noso Mos Talent. Peeeeeeeero, desto non hai probas gráficas....porque aquí non cabería tanto talento xunto.

E esto, que só é unha pequena escolma de todo o que se fixo este curso,.... é todo amiguiños!!!

Emprendemos viaxe cara o seguinte curso....BO VERÁN!!!

ECURSIÓN EN BARCO A CANGAS

Cara o final do mes de maio fixemos unha saída moi interesante xunto cos compañeiros e compañeiras de 3º de EP. Ben cedo, collemos o barco a Cangas e cruzamos a ría. Alí visitamos o edificio da lonxa, aínda que os de cuarto non puidemos entrar a visitalo a zona da subasta, xa que era un espazo moi pequeno. Pero non nos desanimou, xa que tiñamos en mente facer unha investigación moi interesante na Praia de Rodeira. Dividímonos en grupo s e fixemos unha recollida de lixo nun anaco concreto do areal. Analizamos o lixo recollido respostando as seguintes questións:

* Nun anaco pequeno hai bastante lixo....canto haberá en todas as praias da ría, da provincia, da comunidade....etc?

* O lixo que máis atopamos foron plásticos e "colillas" que tardan moito en desfacerse e chegarán ao mar facendo dano ao ecosistema marino. Qué consecuencias observamos?

* Se os peixes se alimentan de plásticos e restos contaminantes.....quen acabará contaminándose ao comer ese peixe da ría?

A saía foi unha maravilla, porque ademáis de ter oportunidade de ir en barco, facer traballo de campo cos contidos vistos na aula...pois tamén tivemos tempo de xogar no parque.

TERCEIRO TRIMESTRE EN 4º EP

Queredes saber a que andamos neste terceiro trimestre??? En cuarto nunca, nunca, nunca nos aburrimos......

* CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIAL: César, policia local do Concello de Mos, explicounos a importancia de ter e seguir as normas sobre seguridade vial. Seremos peatóns e conductores responsable con todo o que aprendimos hoxe.

* IMOS DE COMPRAS!!!: Esta é sen dúbida a nosa actividade estrela.....mesturamos aprendizaxes, tentando levar á realidade o que traballamos nas aulas en diferentes áreas: mates. lengua, ciencias... A nosa excursión ao súper e a posterior posta en práctica e degustación de tres receitas diferentes.... é unha actividade que recordarán durante o resto do curso.

 

Estade atentos...que o último trimestre deste curso apenas comenza.......e estamos a planificar algunha que outra cousa.....ademáis de traballar e estudar!!!

  

 

 

 

RESUMO 2º TRIMESTRE 4º EP

No segundo trimestre fixemos moitas e variadas cousas. Un pequeno resumo:

* CHARLAS NA AULA DE CIENCIAS: O alumnado de cuarto realizou diversas charlas sobre os temas que estamos a dar na área de ciencias. Un xeito de repasar contidos de xeito lúdico e experiencial, como a nós nos gusta!!

 

 

 

 

* FESTA DO ENTROIDO: Os nenos e nenas de cuarto aproveitaron a realización do disfraz de entroido para traballar o proxecto do centro sobre consumo responsable, aprendemos a traballar en equipo compartindo bos momentos, puxemos en práctica as nosas cualidades artísticas e reciclamos moitísimo. O resultado foi unha recreación do anuncio "pezqueñines, no gracias". Os nosos peixiños desfilaron acompañados das ondas e os fondos mariños dos noso mares e océanos.

 

* DÍA DE ROSALÍA: Como nos vai a festa aos de cuarto......aproveitamos este marabilloso día para aprender, traballar....e ata cantar por rosalía de Castro.

 

*SAÍDA AO TEATRO: Neste segundo trimestre asistimos á representación da obra HUGO no Teatro García Barbón. Este obra adentrounos unha vez máis no mundo diverso que nos rodea, dando visibilade nesta ocasión ao trastorno de espectro autista. Somos diferentes, somos iguais.....ou non?

 * DÍA DA PAZ: no día da paz fomos superheroes e superheroínas, loitando pola paz.

 

SAÍDA AO CASTELO DE SOTOMAIOR

E rematamos este trimestre de moito traballo cunha saída estupenda ao Castelo de Soutomaior. Pasámolo xenial desfrutando deste espazo natural cos xardíns cheos de árbores autóctonas e foráneas. A senda das Camelias, o fento brasilerio, a xigantesca sequoia que atrapou un dron durante un tempo...

Dentro do Castelo tamén tivemos tempo para aprender cousas moi interesantes non só sobre a propia historia do Castelo senón curiosidades sobre a Idade Media, como a importancia das diferentes partes do castelo para se defenderen dos atacantes, con eses baños tan "orixinais"....

E aqui deixamos unha pequeña mostra do ben que o pasamos...

 

 
 
 
 
 
Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut