Skip to Content

 

"AO RITMO DA FAMILIA ADDAMS"

Os nenos e nenas de 1º de EP presentan ... A FAMILIA ADDAMS! a ritmo de vasos!

Premede na imaxe para comprobalo.

 

CANDO AS FAMILIAS COLABORAN COA ESCOLA... TODO MOLA!

Na nosa escola, a Semana do Libro comezou cunha idea simple: invitar ás familias do alumnado a vir ler contos á clase. O que comezou como unha semana especial, transformouse nunha celebración continua que se prolongou ata o final do curso.

Tivemos o pracer de recibir diferentes familiares que compartiron con nós as súas historias favoritas. Algúns trouxeron cómics e contos sobre superhéroes, enchendo as nosas mentes de aventuras emocionantes.

Outros decidiron ler o mesmo conto en galego e alemán, mostrándonos a riqueza da diversidade lingüística. A experiencia de escoitar lecturas en diferentes idiomas abre as portas á aprendizaxe intercultural e fomenta o respecto pola diversidade lingüística. A través destas lecturas, os nosos alumnos descobren novas formas de expresión e amplían os seus horizontes mentais.

A colaboración das familias coa escola non só enriquece as nosas aulas, senón que tamén fortalece os lazos entre o fogar e o centro educativo. Ao compartir as súas historias e tradicións con nós, as familias axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea e a valorar a diversidade cultural.

Incluso cando unha familia non puido vir en persoa, a súa contribución foi igualmente valiosa. Crearon unha presentación sobre o seu gato Calcetines, compartindo con nós unha parte importante das súas vidas e demostrando que cada historia é única e especial.

En definitiva, a colaboración entre as familias e a escola é fundamental para crear un ambiente de aprendizaxe enriquecedor e inclusivo.

Celebramos con entusiasmo esta conexión entre fogares e aulas, sabendo que xuntos podemos construír unha comunidade educativa máis forte e solidaria!

 

 

COMPARTINDO A LECTURA!

Na nosa escola, o alumnado de 1º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de compartir unha lectura xuntos e logo expresar as súas impresións a través dun debuxo. Esta actividade non só fomentou a colaboración entre os estudantes, senón que tamén trouxo consigo múltiples beneficios.

A lectura compartida entre diferentes niveis educativos permite que os alumnos máis cativos vexan aos maiores como modelos a seguir e se sintan motivados a mellorar as súas habilidades lectoras. Ao mesmo tempo, o alumnado de niveis superiores poden practicar a empatía e a paciencia ao axudar aos máis novos a comprender o texto. Ademais, esta interacción promove un ambiente de apoio e compañeirismo no que todos poden aprender uns dos outros.



Ao realizar un debuxo sobre a lectura compartida, o alumnado puideron expresar as súas emocións e interpretacións de maneira creativa. Esta actividade non só reforzou a comprensión do texto, senón que tamén estimulou a súa creatividade e habilidades artísticas. Ademais, ao compartir os seus debuxos uns cos outros, os estudantes puideron apreciar as diferentes perspectivas e interpretacións que cada un tiña da historia.

En definitiva, a lectura compartida e as experiencias conxuntas entre diferentes niveis educativos son fundamentais para promover a colaboración, a empatía e o intercambio de coñecementos entre o alumnado. Estas actividades non só enriquecen a súa formación académica, senón que tamén fomentan valores como a solidariedade e o respecto mutuo.

Sen dúbida, esta foi unha experiencia enriquecedora que recordarán durante moito tempo. ¡Seguro que haberá máis aventuras literarias compartidas no futuro!

ESTAMOS COMO CABRAS!

Bo día familias! O pasado mércores 29 de maio o alumnado de 1º e 2º EP visitamos as instalacións da Cooperativa A Meixoeira, en Moaña.

Ao chegar, o compañeiro Carlos ensinounos como o leite chega ás cubas para posteriormente ser transformado en queixo e iogur. Ao alumnado resultoulle un pouco molesto o cheiro do leite, pero despois ben que nos gusta papalo!

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcTcdSV_iNcrIE8PeSDczLIuFQDvjlVZ8lIY7A&s

Despois, o alumnado puido ver como a compañeira Sabela realizaba o ordeño das cabuxiñas, e deixou que os nenos e nenas se achegaran a elas e as acariciaran. O alumnado puido comprobar que os tetos estaban quentiños co leite e que as cabuxiñas estaban moi tranquilas mentres se realizaba o ordeño. Moi interesante!

Pero se pensabades que o ordeño era o prato forte da nosa saída... estabades trabucados! Unha vez que rematou o ordeño, o alumnado puido visitar ás cabuxiñas máis pequenas! Case bebés!

O compañeiro Sergio acompañounos na visita aos membros máis novos da cooperativa e ensinoulle ao alumnado como relacionarse con cabuxas tan cativiñas: hai que agacharse e intentar non facer movementos bruscos nen berrar. O alumnado portouse xenial e seguiu as directrices... polo que puidemos facer estas fotos tan chulas!

Cando rematamos de achuchar e bicar ás cabuxiñas bebé, o alumnado de 1ºEP deixou paso ao de 2ºEP e fomos a merendar a un parque esperando polos compis máis maiores.

Finalmente, os dous cursos puidemos estar un ratiño no parque de Meira, en Moaña, gozando do sol, da sombra, o exercicio e o ar ceibe.

Xa na aula, repartimos os iogures que nos deran na cooperativa. Seica a algúns lles soubo un pouco forte e tiveron que facelo máis doce con azucre ou mel... e outros deixaron directamente que comeran o iogur as súas familias.

O que é innegable é que nos fixo moita ilusión ter un iogur do leite das cabuxiñas coas que estiveramos ese mesmo día. Agardamos que vos gustara, familias!

 

 

 

 

 

 

Contacontos Musicado

Bo día familias! O pasado venres, o alumnado de Primeiro e de Terceiro de primaria, participamos nunha actividade de lectura, da man do grupo Migallas Teatro. Puidemos ampliar vocabulario, aprender valores, traballar a imaxinación e sobre todo desfrutar.

A lectura estaba acompañada de música, o que fixo que a actividade resultara aínda máis divertida.

Compartimos aquí algúns deses momentos tan marabillosos vividos es mañá.

 

 

Reforestando no día dos bosques!

Bo día familias! O pasado xoves 21 de marzo, con motivo de conmemorar o día dos bosques (ou da árbore) o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a oportunidade de realizar unha actividade moi divertida.

A través da Concellería de Medioambiente, o Concello de Mos puxo en marcha un proxecto de reforestación participativa co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia da vexetación, da loita contra o cambio climático, a conservación da biodiversidade, etc.

Así, as compañeiras de Alecrín, fixeron primeiro unha pequena exposición ou charla explicativa sobre as especies autóctonas e as invasoras. Ao mesmo tempo, indagaron sobre o coñecemento do alumnado sobre as árbores e plantas, que resultou ser bastante amplo!

 

Despois chegou o momento de xogar un pouco, e despertar o corpo! Así que as compis de Alecrín idearon un xogo onde se tornaban os roles entre "mouchos" e "árbores". O alumnado puido corretear pola explanada ben a gusto!

Xa para rematar... o prato forte! Divididos en catro grupos e acompañados por unha das monitoras, o alumnado plantou catro árbores autóctonas no Parque da Auga xunto ao centro.

Foi un día marabilloso e voltamos á aula coa felicidade que soamente da a satisfacción do traballo ben feito! Coidar o planeta é cousa de todos e todas!

 

 

Aprendendo con CAAN!

Bo día familias! O pasado día 28 de febreiro recibimos na nosa aula a visita dunha veterinaria do Centro de Acollida e Protectora de animais CAAN. 

A compañeira amenizou a nosa mañá instruíndonos no coidado e nas necesidades materiais das mascotas. Así, o obxectivo principal desta actividade foi fomentar entre o alumnado a conciencia cidadá e desenvolver hábitos que favorezan unha actitude responsable cara o coidado de mascotas.

Incluso, ao remate da explicación, puidemos xogar entre todos e todas a un xogo que nos ensinaba como identificar as emocións dos cans pola súa linguaxe corporal. Foi tremendamente divertido e inspirador!

 

 

 

 

Aproinppa: A masa que nos une

Bo día familias!

O pasado venres día 15 de decembro o alumnado de 1º e 2º de educación primaria realizou unha saída extraescolar a Vigo para visitar as instalacións de APROINPPA (Asociación Provincial de Panaderos y Pasteleros). 

Cando chegamos a Vigo, e mentres o alumnado de 2ºEP accedía ás instalacións da asociación, os nenos e nenas de 1ºEP aproveitamos para dar unha voltiña polas rúas dos arredores, o cal nos brindou a oportunidade de realizar fotografías tan fermosas como estas:

  

 

Despois de pasear un pouquiño, entramos a visitar a exposición de Beléns de Afundación na rúa Policarpo Sanz. Habíaos para tódolos gustos! O alumnado puido deleitarse coas diferentes creacións e resgardarse un pouuquiño do frío.

 

 

 

Cando rematamos de visita-la exposición, chegou o prato forte: Visita a Aproinppa!

As compañeiras de Aproinppa xa nos estaban agardando, e todas agradecemos o calorciño dos fornos nun día tan frío! Comezaron indagando sobre os coñecementos previos do alumnado no relativo á elaboración do pan para a contuniación pedir a súa colaboración para elaborar un bo anaco de masa.

Cando a mestura estivo feitta (gracias á amasadora) chegou o momento de poñernos mans á masa! Cada neno e cada nena puido moldear coas súas mans o seu boliño de pan, e non defraudaron! Houbo boliños con forma de flores, tartarugas, peixes, estrelas... deixaron voar a súa imaxinación!

Unha vez amasado e moldeado o pan, metémolo nos fornos e agardamos a que estivera listo!

Non nos quedaba máis tempo, polo que nos despedimos das encantadoras compañeiras de Aproinppa, collemos o noso pan, e correndo para o bus de volta ao cole.

Foi unha mañá moi instructiva, divertida e marabillosa que nos puxo de bo humor a todos e todas, porque... a quen non lle alegra o día o cheiro do pan recén feito?

MESTRES POR UN DÍA

O pasado venres 1 de decembro voltamos a Educación Infantil para amosarlle aos nenos e nenas de 6º EI B todo o que aprendemos sobre a pirámide alimenticia. Canto desfrutamos compartindo o noso coñecemento! 

UNHA SAÍDA CON MOITO RITMO!

Bo día familias!

O pasado martes 21 de novembro o alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída extraescolar ao teatro Afundación de Vigo para asistir ao espectáculo "Vaia ritmo!".

 

O espectáculo foi interpretado por Odaiko Percussion Group, unha banda que, como o seu nome indica, emprega a percusión para crear fermosas e fascinantes melodías.

Durante o transcurso da actuación os integrantes de Odaiko subiron a algunhas persoas ao escenario. Entre eles o noso alumno Anxo de 1ºEP! Mirade que cariña de concentración na tarefa!

 Ao remate da actuación tivemos a oportunidade de saudar aos artistas e compartir un momento con eles.

Que día tan marabilloso e inolvidable!

 

 

***

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut