Skip to Content

 

OS PIRATAS DE 1º INVADEN A ILLA DE SAN SIMÓN!!!

Ola familias!!! O pasado 25 de maio, como excursión de final de curso, os nenos e nenas de 1º de Primaria convertémonos en auténticos piratas e “invadimos” a Illa de San Simón.

Primeiro fomos en autobús ata un pobo que se chama Meirande e dende alí collemos un barco que nos levou ata a Illa de San Simón. Foi unha viaxe apaixonante para nós!!!

Ao chegar á illa esperábanos unha guía, que nos ía explicando cousas súper interesantes de acontecementos que tiveron lugar en San Simón moitos anos atrás e todo isto, mentres facíamos unha camiñata para coñecer toda a illa. Quedamos abraiados de todo o que escoitamos e das cousas tan chulas que vimos!!! Sinxelamente, ENCANTAOUNOS!!!

Non nos importaría repetir, porque foi unha viaxe fantástica!!!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da nosa andaina pola illa!!! Agardamos que vos guste tanto como a nós!!!

Unha aperta!!!

 

DÍAS DE XADREZ NO COLE!

Ola familias! Os nenos e nenas de 1º de Primaria participamos, nas últimas semanas, nun obradoiro de xadrez. Explicáronnos que o xadrez é un xogo moi beneficioso, xa que nos axuda a formar un pensamento máis claro, solucionar con máis rapidez os nosos problemas (ter un pensamento máis áxil e tomar decisións rápidas), manter un nivel de concentración alto, así como tamén reforzar a memoria visual.

Parécenos sorprendente que nos axude a tantas cousas, pero o certo é que así é! Incrible!

A verdade é que aprendemos moitísimo e, sobre todo, divertímonos un montón!

Xa estamos preparad@s para un gran torneo!

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s! Agardamos que vos guste! Unha aperta!

 

ANIMÁDESVOS A BAILAR?

Ola familias! Os peques de 1º de Primaria tivemos, fai uns días, unha sesión de baile deportivo no pavillón do cole. Patricia, que o practica dende que era ben pequena, ensinounos un montón de cousas, moi interesantes, sobre este tipo de baile.

Explicounos que o baile deportivo (antes chamábase baile de salón) divídese en: bailes Estándar como o Tango ou o Vals e bailes Latinos como a Samba ou a Salsa.

Practicamos algún deles e a verdade é que non se nos deron nada mal! Un paso á dereita, outro á esquerda, unha volta aquí e alá e volta a comezar!

Convertémonos en todos uns bailaríns e bailarinas e non paramos de mover o esquelete ao ritmo da música!

Mirade que ben o fixemos! Agardamos que vos guste!

Unha aperta!

SAÚDE ESCOLAR E BENESTAR EMOCIONAL!

Ola familias! Na clase de 1º de Primaria tivo lugar un obradoiro, que leva por nome SAÚDE NA ESCOLA, no que traballamos a través de catro bloques: o autocoñecemento e a autoestima, as emocións, a diversidade familiar e a toma de decisións axeitadas á idade do alumnado, que parten da autonomía e da responsabilidade infantil. Traballamos todos estes aspectos a través de dinámicas cooperativas, grupais, individuais, globalizadoras e lúdicas.

Moitas grazas a Sandra e a asociación Érguete (Vigo), na que está asociada como técnica no departamento de prevención.

Foron unhas sesións moi produtivas nas que aprendemos unha chea de cousas, ademáis de pasalo xenial!

Premede na imaxe e veredes un pequeno resumo do que fixemos!

Agardamos que vos guste! Unha aperta!



UNHA MERENDA DE RECHUPETE!!!

Ola familias! A semana pasada fixemos, na nosa clase, unha merenda saudable cos nosos compis de 3º de Primaria e pasámolo xenial!

Empregamos algúns produtos da pequena horta que temos no cole, e que coidamos os dous cursos coa axuda das nosas mestras!

Disfrutamos moitísimo desta xornada e enchemos ben as nosas barrigas, porque a verdade e que as tostas vexetais que fixemos, saíronnos moi ricas! Estamos desexando repetir!

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s!

 

OS TRASNIÑOS DE 1º!!!

Ola familias! O pasado mes de marzo os nenos e nenas de 1ºEP, na clase de inglés coa mestra Aida, celebraron o día de San Patricio, o patrón de Irlanda.

Ese día na aula, todo se tinguiu de verde, xa que tódolos nen@s e a mestra viñeron vestidos desa cor.

Neste día tiveron moita importancia os trasnos de San Patricio (leprechaun, en irlandés)

Estes pequenos trasnos teñen barba vermella, visten de cor verde e forman parte do folclore irlandés O nome orixinal irlandés é “lobaircin”, que significa "home de corpo pequeno". Estes pequenos trasniños danche boa sorte e son os encargados de arranxar zapatos a cambio dunha moeda que lles axude a aumentar o seu tesouro, escondido nunha pota ao outro lado do arco da vella.

Os cativos e cativas tiveron que buscar a estes seres pequerrechos por todo o cole. Había un trasno para cada neno/a co seu nome e despois de atopalos todos, cada pequen@ recibiu unha moeda dourada (de chocolate, claro...jejeje)

Foi un día xenial e pasárono moi ben nesta aventura tan máxica para eles!!!

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesm@s!

 

 

BOMBEIROS E BOMBEIRAS POR UN DÍA!!!

Ola familias! Fai uns días os nenos e nenas de 1º de Primaria fomos visitar o parque de bombeiros de O Porriño. En canto chegamos, quedamos abraiados con todas as cousas que teñen e, sobre todo, cun brazo-grúa que medía 32 metros! Incrible, parecía que tocaba o ceo!

Os bombeiros foron moi amables e simpáticos con todos nós. Ensináronnos moitísimas cousas: os camións e as ferramentas que levan neles, unha lancha de rescate, a cucaña por onde se deslizan dende o piso de arriba ata o de abaixo…, e moitas cousas máis.

Tamén nos mostraron onde viven eles cando teñen gardas. Ás veces ata de 2 días seguidos! Canto traballan para axudar á xente e tamén aos animaliños que, ás veces, teñen que rescatar!

Ademáis deixáronnos coller a mangueira que usan eles nos incendios, un por un, e lanzar auga para tirar un cono que estaba enriba dunha roda! Foi xenial!

Dende logo, para todos, foi un día inesquecible e sentímonos bombeiros e bombeiras por un día!

Premede na imaxe e comprobade vós mesm@s o ben que o pasamos!

Unha aperta!

 

 

 

 

 

 

DI O SEÑOR ELEFANTE QUE OS NENOS E NENAS DE 1º VAN DIANTE!!!

Ola familias!!! Este ano, no Entroido, disfrazámonos de animais en perigo de extinción... Os nenos e nenas de 1º EP escollemos o elefante, un animal tan grande coma fermoso!!!

Desfrutamos moito o día da festa e do desfile ao igual que os días anteriores, nos que tamén nos disfrazamos seguindo as ordes do meco, ao mesmo tempo que preparábamos o noso disfrace!!! Pasámolo moi ben e convertémonos nuns/nunhas elefantes moi riquiñ@s!!!

Premede na imaxe e comprobádeo vós mesmos!!!

Unha aperta!!!

DEPORTE NO PARQUE!!!

Ola familias!!! Este pasado luns, aproveitando os raios de sol, tivemos unha clase de Educación Física diferente e moi divertida!!! Cambiamos o pavillón do cole polo parque!!! Foi xenial!!!

Fixemos moito deporte e tamén tivemos os nosos momentos de relax e xogo!!!

Sen dúbida, quedáronnos ganas de volver repetir!!! :)

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que o vexades vós mesm@s!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECEITAS DO MUNDO!!!

Ola familias!!! O alumnado de 1º de Primaria realizou a actividade de "Receitas do mundo" da man da asociación "Sana el hoy, vive el mañana".

Esta actividade está enmarcada dentro do CP Innova e procura obxectivos tales como o fomento do consumo de alimentos saudables (como froita e vexetais) na dieta do alumnado, ademais de conciencialo da importancia de coidar o medio ambiente.

Así pois, con esta actividade, o alumnado puido coñecer a época do ano na que se dan diferentes froitas e vexetais, presentes na dieta galega, así como participar na elaboración dun cunco de humus de aguacate e tamén da súa posterior degustación!!!

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo para que poidades ver canto disfrutaron da actividade estes pequenos cociñeiros!!! :)

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut