Skip to Content

 

Reforestando no día dos bosques!

Bo día familias! O pasado xoves 21 de marzo, con motivo de conmemorar o día dos bosques (ou da árbore) o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a oportunidade de realizar unha actividade moi divertida.

A través da Concellería de Medioambiente, o Concello de Mos puxo en marcha un proxecto de reforestación participativa co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia da vexetación, da loita contra o cambio climático, a conservación da biodiversidade, etc.

Así, as compañeiras de Alecrín, fixeron primeiro unha pequena exposición ou charla explicativa sobre as especies autóctonas e as invasoras. Ao mesmo tempo, indagaron sobre o coñecemento do alumnado sobre as árbores e plantas, que resultou ser bastante amplo!

 

Despois chegou o momento de xogar un pouco, e despertar o corpo! Así que as compis de Alecrín idearon un xogo onde se tornaban os roles entre "mouchos" e "árbores". O alumnado puido corretear pola explanada ben a gusto!

Xa para rematar... o prato forte! Divididos en catro grupos e acompañados por unha das monitoras, o alumnado plantou catro árbores autóctonas no Parque da Auga xunto ao centro.

Foi un día marabilloso e voltamos á aula coa felicidade que soamente da a satisfacción do traballo ben feito! Coidar o planeta é cousa de todos e todas!

 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut