O alumnado de 5º de Ed. Infantil, aproveitou o San Valentín para celebrar o amor e o cariño que nos temos uns e outros, amigos e familiares, con este fermoso conto "Crocodilo namorado" e o seu canto con linguaxe de signos.
Somos moi diferentes, coma a Xirafa e o Crocodilo, pero a pesar de todo o que os separa e os diferencia, quérense moito, por iso aprendemos a respectarse e a quererse...
O alumnado de 2º de Educación Primaria seguimos desfrutando das nosas historias favoritas e, nesta ocasión, foi a quenda de Carlota quen escolleu o libro “Se eu tivera unha púa” de Eva Clemente para contarllo ao resto da clase.
O seu protagonista, Pepincho Repúa, quere atopar amigos cos que xogar. Pero canto estás disposto a pagar para tentalos conseguir? Un raposo con peculiares afeccións, un can moi presumido, unha aguia que non merenda, un sapo que soña con coroas... Estes son algúns dos personaxes que atopará este entrañable ourizo no seu camiño polo bosque. Unha viaxe cargada de aprendizaxe que che levará a descubrir o que é a autoestima e o importante que é aprender a coidarse e dicir que non de cando en vez.
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “A folla azul” de Andrea Maceiras da editorial Xerais.
LIBRO 2º: A folla azul de Andrea Maceiras da editorial Xerais.
O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2021/2022 e conta a historia da Amazonia que é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva contando a historia de de Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. Na selva amazónica do Brasil vive a nena da tribo Tacaré, Husu Aké. A avoa de Husu Aké ten poderes adiviñatorios. Intúe que o home branco chegará ás terras dos Tacaré causando grandes problemas, por iso decide compartir coa neta todos os seus coñece- mentos, incluídos aqueles que adquiriu de nena cando viviu entre os brancos como a lingua portuguesa.
O día que os brancos chegan á aldea, a avoa de Husu Aké pídelle á nena que abandone o poboado. Os brancos, portadores de virus descoñecidos para os Tacaré, contaxian a poboación. Todos menos a avoa caen enfermos.
Cando Husu Aké regresa á aldea, o xefe noméaa guerreira para que parta en busca de axuda aos habitantes do poboado. A nena, tras ter a enigmática visión dunha folla azul, percorre os confíns da selva ata dar co home branco. O que alí atopa espántaa. O home branco está a destruír a natureza para conseguir ouro. Por sorte, tamén hai brancos bos. Husu Aké coñece unha familia que a axuda. O pai é médico e canda a nai, que é avoga- da, forman parte dunha ONG cuxo símbolo é unha folla azul. A familia viaxa coa nena á aldea e, grazas aos coñecementos médicos do pai, consegue curar a enfermidade que decimaba a poboación.
Husu Aké salvou a súa xente, pero algo nela cambiou para sempre. A nena acabará deixando a aldea para vivir coa familia branca. Alí converterase en avogada e nunha activista polos dereitos dos pobos indíxenas.
Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas e temática:
Temas e valores
Actividades
Antes da lectura
Despois da lectura
As actividades realizadas durante o 11 de decembro de 2021 e o 3 de febreiro de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto así como a visita da autora, Andrea Maceiras.
No mes de febreiro tivemos un encontro con Andrea Maceiras, autora deste libro.Na seguinte ligazón recollemos esta actividade:
O alumnado de 2º de E.P. seguimos disfrutando cos nosos contos favoritos.
Esta vez foi Maia a que elixiu o seu: Grazas. Historia dun rueiro de Rocío Bonilla; conta a historia sobre a convivencia e as relacións humanas. Unha historia sobre todos nós. Por mor dunha avaría inesperada, a vida do rueiro vai mudar totalmente. Grazas á curiosidade e á empatía, os veciños e veciñas van chegar lonxe, moi lonxe. E farano xuntos.
A partir do conto, ademais de desfrutar da súa lectura, traballamos a comprensión e a descrición dos seus personaxes (como son, como van vestidos, que é o que lles gusta facer…) e aproveitamos esa actividade para coñecernos nós e que nos coñezan un pouco mellor os nos@s compañeir@s.
O conto tamén tiña un xogo co que o pasamos moi ben.
Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar no Club de lectura e na Hora de ler cos nosos contos favoritos.
O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico" de María Luisa Núñez. Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir.
Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil.
Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito.
Estamos desexando volver a repetir!!
Son moitos os motivos que dende as aulas de apoio, e grazas a variedade de contos que temos na nosa biblioteca, utilizamos éste como un dos recursos educativos imprescindibles na nosa práctica docente, xa que:
Por isto, e pola cantidade de actividades que se poden se poden levar a cabo a través dos contos (escoitar, comentar, ilustar, dramatizar, crear sobre eles), este curso, traballamos cos nosos/as alumnos/as os seguintes:
Crocodilo
Cocorico
A que sabe a lúa
Wangari y los árboles de la paz
Aquiles, o puntiño
San Jorge y el dragón
Chivos Chivóns
El Conejo Blanco
Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:
Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.
Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.
BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!
Na "Semana escolar dos Camiños de Santiago" o alumnado de 4° de EP púxose na pel dos peregrinos e percorreu os diferentes camiños que chegan ata a Santiago de Compostela.
Cada un de nós seleccionou unha ruta e buscou información sobre as etapas, albergues, datos de interese das cidades, vilas e pobos polos que pasan os distintos camiños, fotografías... e recompilamos a información en cartolinas que colocamos na aula logo de expoñer cada un dos proxectos.
Finalmente, logo de percorrer de forma satisfactoria cada etapa, fíxose entrega das credenciais a cada peregrino de 4°.
Esta actividade serviunos para coñecer datos que non sabiamos sobre o camiño e sobre moitas das cidades polas que se leva a cabo cada unha das diferentes rutas.
Pola súa parte, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, ademáis da lectura e traballo sobre o camiño de Santiago, realizou debuxos do libro "Sucedeu no camiño Primitivo"
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras que Leo vos fai para este verán. Podédelas conseguir, sen problema, en calquera das librarías do noso entorno.
Ánimo e que teñades un bo verán lector.