Esta xoven defensora do dereiro á educación da muller foi galardonada co Nobel da Paz 2014 “pola súa loita contra a opresión dos nenos y polo dereito de todos eles á educación”
Malala Yousafzai. CC BY 2.0 DFID-UK en Flickr
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galiza. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Durante o mes de decembro, no tempo destinado á Hora de ler, en 1º curso traballamos coas Lendas de Nadal que elaborou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.
Unha das lecturas que máis lles gustou ao alumnado foi a "Lenda da árbore de Nadal". Con ela elaboramos un libro con imaxes e a letra da historia que coloreamos nos mesmos para lerllo aos nosos familiares nas vacacións de Nadal.
Asemade, coñecemos outras historias como a Lenda de Papá Noel e a Lenda do Apalpador.
A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros.
Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.
Moitos parabéns!!!
Son moitas as lendas e crenzas que fan referencia á celebración do Nadal nas distintas partes do mundo.
Nesta sección pretendemos facer unha recopilación de moitas destas lendas sobre o Nadal.
No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado.
Durante o mes de outubro o Equipo de Normalización Linguística, en colaboración co Equipo de Biblioteca, estivo recollendo lendas, refráns e ditos populares que o alumnado compilou coa colaboración das súas familias.
Cos traballos presentados realizamos unha exposición nos corredores do primeiro andar do colexio para que toda a comunidade educativa a poida observar.