Hora de ler

Fomentando o gusto pola lectura en primeiro de educación primaria

A implantación da “Hora de ler”, e unha actividade diaria que realizamos todos os días entre as 12:00 e as 12:20 horas. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o amor pola lectura e desenvolver no alumnado as competencias literarias.

A "Hora de ler" foi unha actividade estruturada na que o alumnado tiña un tempo dedicado exclusivamente á lectura. Neste período promoveuse a lectura autónoma e achegáronse diversos materiais de lectura adecuados á idade e ao nivel do alumnado xa que este, nun principio, era moi heteroxéneo.

Obxectivos:

  • Fomentar o gusto pola lectura dende pequenos.
  • Desenvolver habilidades de lectura independente no alumnado.
  • Mellorar a comprensión lectora e o vocabulario.
  • Estimular a imaxinación e a creatividade mediante a lectura.

Metodoloxía:

  • Selección de materiais de lectura: Proporcionáronse libros, revistas, contos e outros recursos axeitados para o alumnado de primeiro.
  • Espazo de lectura: Creouse un recanto de lectura na aula, cun ambiente acolledor e cómodo, para que o alumnado se sentise cómodo na lectura.
  • Fomento da lectura autónoma: animouse ao alumnado a escoller os libros que máis lles interesaba e a ler de forma autónoma durante a actividade.
  • Participación do profesorado: O profesor estivo presente durante a actividade para ofrecer orientación e apoio individualizado ao alumnado, así como para fomentar o debate e o intercambio de ideas sobre os libros lidos.
  • Outras actividades realizadas:

Resultados:

  • Aumento do interese pola lectura: o alumnado mostrou un maior entusiasmo pola lectura ao longo do curso, manifestando interese pola selección de libros e compartindo as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras.
  • Mellora da comprensión lectora: Observáronse importantes avances nas habilidades de comprensión lectora do alumnado, así como na súa capacidade para extraer información relevante dos textos.
  • Ampliación do vocabulario: o alumnado incorporou novas palabras e expresións ao seu vocabulario mediante a lectura regular.
  • Estimulación da imaxinación e da creatividade: a lectura de diversos xéneros literarios permitiu ao alumnado desenvolver a súa imaxinación e creatividade, así como explorar diferentes mundos e realidades.

Conclusións:

“A hora de ler” resultou ser unha actividade exitosa para fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado de primeiro de educación primaria. O aumento do interese pola lectura, a mellora da comprensión lectora e a ampliación do vocabulario evidenciaron os beneficios desta iniciativa.

Recoméndase seguir fomentando a lectura como práctica habitual na aula, xa que contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado e ao enriquecemento da súa formación cultural e lingüística.

O meu primeiro principiño

No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.

Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.

Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.

Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.

Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.

No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.

Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.

Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.

Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.


RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Club de lectura de 3º de Ed. primaria

Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso.

Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:

 

Club de lectura de 5º de Ed. Primaria

Ao longo do curso 2022/2023 volveu a funcionar o Club de lectura de 5º de Ed. Primaria como unha sección máis do Club de lectura do Manuel Sueirio.

Os libros traballados foron os seguintes:

 

Kahoot sobre Mi primer Principito

Mi primer Principito...

 


RECURSOS EDUCATIVOS


Ravioli. Nós tamén creamos

Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.

Hora de ler en 3º de Ed. primaria

No curso escolar 2022/2023, a hora de ler, no 3º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez , centrándose nos seguintes obxectivos.

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...) .
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre os distintos tipos de texto.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Participación no CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que tiveron lugar ao remate da lectura de cada un dos libros elixidos a tal efecto.

Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • NO CORAZÓN DO BOSQUE de Agustín Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das bonecas.
Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • DESDE O CORAZÓN DA MAZÁ  de Xoan Farias.

O libro é unha colección de textos escritos por un neno ao longo dun verán que lle mandou elaborar o mestre como tarefa. Un delicioso mosaico formado por pequenas teselas que, todas xuntas e cada unha por separado, son exquisitas.

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

  • SIETE REPORTEROS Y UN PERIÓDICO  de Pilar Lozano Carbayo.

Alejandro, un rapaz de once años, quere  dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.

Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS,  LENDAS, FÁBULAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas  propias viñetas. Un curso máis tamén realizamos a FORMACIÓN DE USUARIOS  para un mellor uso do material da biblioteca e un mellor aproveitamento dos devanditos recursos.

Festa final de Ravioli

Como toda boa presentación dunha gran produción cinematográfica non puido faltar un pequeno ágape para agasallar aos principais protagonistas do traballo.

Foi un final de traballo moi divertido e pasámolo xenial comentando as nosas impresións sobre o traballo realizado.

Agora estamos agardando con expectación a presentación do noso traballo ao resto do alumnado o día final de curso.

Hora de ler en 2º de Ed. Primaria

O curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada pola titora  Dna. Marta Hernán López centrándose nos seguintes obxectivos:

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura ( comprensión e expresió lectora).
  • Afianzar valores( amizade, respecto..)
  • Ampliar o vocabulario a través do conto.
  • Desenvolver a capacidade de atención e de comunicación.
  • Actividades.
  • Lectura en voz alta en grupo
  • Hora de escoitar, a titorá lerá un conto, adiviñas, trabalingüas...
  • Ver algunha pelicula, cantiga do conto.
  • Diario de lectura, apuntan os libros que leron.
  • O noso conto preferido, traerano a clase e compartirán cos demáis
  • compañeiros.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse  libros da biblioteca de centro e outros que aportaron os alumnos , (o libro preferido), e a titora para traballar algúns temas que se estaban a traballar noutras materias.

Programáronse lecturas guidas na aula e desenvolvéronse actividades de comprensión lectora, pero as máis motivadoras para os alumnos foron as obras dramátizadas coas que traballamos a entonación e o ritmo.

No último trimestre mercouse un libro: “El pequeño principito”, e os nenos e nenas foron iniciados no clube de lectura.

Distribuir contido