Skip to Content

3º Curso

Garavanciño come saniño

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso centro dúas dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 1º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 2º e 3ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

 

Día Mundial da alimentación

A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.

No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron  o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.

Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.

Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.

Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.


 TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO


SLOGÁNS


 

Club de lectura de 3º de Ed. primaria

Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso.

Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:

 

Recomendación lectoras verán 2023

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Kilómetros de solidariedade

Gran éxito na carreira de quilómetros solidarios que organizou o colexio en colaboración con Save the Children!

Nun fermoso día de sol, centos de estudantes, profesores, pais e membros da comunidade xuntáronse nunha nobre causa: correr quilómetros pola solidariedade. O evento, organizado polo colexio en colaboración con Save the Children, tivo como obxectivo recadar fondos para apoiar aos nenos máis vulnerables e promover a importancia da educación no seu desenvolvemento.

Dende primeira hora da mañá o ambiente no colexio foi de ilusión e ilusión. Os participantes reuníronse no punto de saída, vestidos con camisetas personalizadas do evento e portando os dorsais de apoio e solidariedade. Moitas familias do colexio tamén se sumaron á causa, ofrecendo o seu apoio aos corredores e corredoras animándoos en todo momento.

A carreira comezou cunha explosión de enerxía e determinación. Corredores de todas as idades desafiáronse a si mesmos, superando obstáculos e superando os seus límites persoais. As instalacións deportivas da Universidade de Ourense enchéronse de risas, aplausos e o ruído do público.

A comunidade lanzouse xenerosamente na recadación de fondos. Moitos patrocinadores e doadores uníronse á causa, aportando diñeiro para beneficiar aos nenos e nenas máis necesitadas. A solidariedade e o compromiso de todas as persoas implicadas foi inspirador, demostrando que xuntos podemos marcar unha diferenza significativa na vida das persoas que máis o necesitan.

Cando cruzaban a meta, os corredores e corredoras abrazábanse con alegría e satisfacción. Cada un deles sabía que contribuía a cambiar vidas e a dar esperanza a quen o necesitaba. Desde o cole queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas participantes e colaboradoras polo seu esforzo e dedicación, destacando que esta carreira quilométrica solidaria é só o comezo dunha serie de accións solidarias no colexio.

Os fondos recadados irán destinados aos proxectos educativos Save the Children, que buscan ofrecer oportunidades de aprendizaxe, material escolar e apoio psicosocial aos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade. Esta colaboración entre a escola e Save the Children é unha mostra do poder transformador da educación e da solidariedade, e demostra que xuntos podemos construír un futuro mellor para todos os nenos.

En definitiva, a carreira quilométrica solidaria organizada polo colexio en colaboración con Save the Children foi un éxito rotundo.

Sesións de minfulness no cole

O 23 de maio realizamos de maio realizamos no centro tres obradoiros de iniciación ao mindfulnees con todo o alumnado de educación primaria para que fosen quen lograr que a súa mente fose un lugar sereno no que vivir.

Asemade, buscamos que o noso alumnado aprendese a gozar do silencio e do propio mundo interior.

Agora toca repetir estas aprendizaxes na nosa aula ou mesmamente nas nosas casas.

Degustación de produtos da nosa horta escolar

O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.

Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.

Estaba todo boísimo!!

7 reporteiros e un periódico

No último trimestre, no Club de lectura de 3º de Ed. Primaria traballamos co libro "Siete reporteros y un periódico" de Pilar Lozano Carbayo.

Alejandro, un rapaz de once años, quere  dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.

Coma en anteriores ocasións, unha vez rematada a lectura do libro realizamos un concurso de animación á lectura do que podedes ver as imaxes na seguinte galería.

Iniciación ao golf

O venres 19 de maio de 2023, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Iniciación ao Golf” nas instalacións do Real Montealegre Club de Golf no concello de Pereiro de Aguiar en Ourense. Esta actividade está encadrada dentro do programa PVDA e dentro dela dentro do programa XOGADE.

A actividade estivo dividida en dúas sesións. A primeira delas consistiu nunha pequena charla na que explicaron cales son os conceptos básicos e as normas de seguridade. E comezamos  a xogar co golpeo longo. Unha vez que xa coñecemos como facelo subimos nos carriños de golf e fomos vendo os 18 buracos dos que está composto o Real Montealegre Club de Golf. Para rematar estivemos practicando o golpeo corto ou pich&putt.


A actividade rematou merendando na cafetería do Real Montealegre Club de Golf.

A experiencia é  inesquecible, as instalacións magníficas e a atención impresionante... xa estamos agardando regresar para xogar nestas marabillosas instalacións.  

Distribuir contido


by Dr. Radut