Profesorado e alumnado divertíronse nunha festa chea de cor e tradición.
Nun ambiente festivo e cheo de alegría, celebramos con gran entusiasmo o tradicional Día das Comadres. Esta festividade, enraizada nas nosas costumes, foi o pretexto perfecto para que profesorado e alumnado se mergullaran nunha xornada chea de diversión.
O patio do cole fixo as veces de pasarela de creatividade, co profesorado e estudantes vestidos con disfraces que celebraban a feminidade e a amizade. Desde clásicas avoas ata extravagantes personaxes de Fama e contos de fadas, cada disfrace reflectía o espírito festivo da ocasión.
Sen embargo, a diversión non se limitou só aos disfraces. Para rematar a celebración, organizáronse as emocionantes carreiras de comadres na pista polideportiva. Os menos e nenas de de 1º, 2º, 3º e 4º grado lanzáronse á competición con entusiasmo, mostrando non só a súa habilidade atlética, senón tamén o seu espírito de equipo e compañeirismo.
As gargalladas e os berros de ánimo resoaron por todo o cole mentres os participantes corrían pola pista polideportiva, deixando atrás o estrés académico por un día e mergullándose por completo na celebración.
Queremos destacar a importancia de manter vivas as nosas tradicións e fomentar a integración entre os membros da comunidade educativa.