Inclusión

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

Contacontos "Luuume" pola mestra María

A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.

No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.

PDI de 3º EP: Todos e todas reciclamos

Neste curso escolar, o PDI do centro, céntrase no coidado do medio ambiente, e na clase de 3º de primaria, centrámonos na reutilización e reciclaxe dos materias que empregamos a diario, procurando darlle a todo unha segunda vida, e ao que non vexamos posible, enviándoo a reciclar.

Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido polo alumnado de 3º de EP sobre o PDI deste curso.

 Para reflexionar sobre o traballado neste proxecto, traballamos no club de lectura o seguinte libro:

 

Produto final do proxecto

Como produto final do proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º de Ed. Primaria, e con toda a información recollida, elaboramos 3 lapbook, un para cada tipo de contenedor. Neles fomos explicando como empregar os diferentes tipos de contenedores e pór así en práctica os principios dos 3 erres.

Cada equipo presentou ao resto da clase o seu traballo.

O produto final foi exposto na clase e na biblioteca do centro para que poida ser revisado polos membros da nosa comunidade educativa.

Todos e todas reciclamos. Que significa reciclar.

O PDI do alumnado de terceiro no curso 2021/22 céntrase na concienciacion da necesidade de empregar, con cabeciña, o que nos ofrece a natureza fomentando os 3 RRR.

Comezamos o proxecto pescudando sobre o que consistía reciclar e o significado dos RRR.

Como actividade inicial colocamos na aula contedores para poder reciclar cada tipo de lixo que segundo a súa procedencia.

Unha bolsa de patatas fritas na Polinesia

 

Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia é unha novela que mestura fantasía e realidade para tratar un tema tan preocupante como as consecuencias do cambio climático.

Shiya vive feliz xunto á súa familia en Takuu, unha pequena illa da Polinesia.

Un día encontra unha bolsa de patacas e descubre ilusionada que ven de moi lonxe. Pero por algunha razón para os seus pais non é un motivo de ledicia...

Para repasar a biografía do autor do libro realizamos un kahoot do que podedes ver o seu podio na galería de imaxes.

Unha vez rematada a lectura do libro, realizamos un concurso de animación á lectura:

 Por último realizamos un concurso de lectura individualmente coa ferramenta de Kahoot!


 RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Semana da ciencia: Aula de apoio

Ao longo da semana da ciencia na aula de apoio realizamos diversos experimentos:

Con este sinxelo experimento conseguimos romper a tensión superficial. Que é a tensión superficial? É unha propiedade da auga que fai que as moléculas da superficie se xunten para formar unha "pel" que axuda a que determinados obxectos floten sobre ela.

O leite que contén graxa garante que os colorantes non se disolvan e permanezan concentrados.

O efecto prodúcese cando o xabón entra en contacto co leite, rompendo así a tensión superficial e separando rapidamente as cores e disolvéndoas. Por unha banda, o xabón é un repelente de graxas e, por outra, disólvese en auga, xa que os colorantes adoitan conter graxas animais, repelea unha e outra vez.

Día da Poesía 2022

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas.

As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural:

Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese,  os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer.

Alumnado de Ed. Infantil

 Alumnado de 3º de Ed. Primaria

Ecopercusión e sistemas dixitais

O 16 de marzo visitou o noso centro o produtor musical Didier para realizar un obradoiro musical, no que o alumnado de 6 de Ed. Primaria, experimentou como realizar mesturas musicais con diversas ferramentas tecnolóxicas.

A través dunha app e un panel de control foron que de crear uns ritmos moi pegadizos!

Os nenos e nenas do Manuel Sueiro sentíronse auténticos Djs por un intre.

Distribuir contido