Neste libro recollemos hitorias da mitoloxía grega traballadas na "Hora de ler" e na aula de apoio para mellorar a comprensión lectora do alumnado.
Asemade, tamén achegamos ligazóns a recursos que nos poden ser de utilidade para traballar na aula, estas historias.
Esperemos que sexan do voso agrado...
O alumnado de cuarto curso de educación primaria realizou unha Caza do Tesouro (entrar como convidado dúas veces para acceder) sobre a Lenda da Lagoa de Antela que traballou durante a Hora de ler. Como produto final realizou un cartaz con realidade aumentada.
Facédevos seguidores da conta de Aurasma do cole abrindo o código QR co móbil ou tablet e poderedes ver o que esconden os seus cartaces:
GALERÍA DE IMAXES DA ACTIVIDADE
AUDIO GRAVADO PARA A REALIDADE AUMENTADA
Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán
Fai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas.
Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El pintou a súa plumaxe de marrón.
Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas...
Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas.
O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo.
Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso.
RECURSOS EDUCATIVOS
O alumnado das aulas de apoio no curso 2015/2016 está a traballar sobre lendas populares dentro do proxecto documental integrado "Galicia arredende a aventura".
No seguinte mural iremos reflectindo o traballo realizado ao longo do curso: