Este ano como actividade para o PDI do centro os alumnos e alumnas de 1º curso traballaron a parcela artística de MÚSICA. A partir da obra elixida "PEDRO E O LOBO", o alumnado de 1º curso achegouse ao mundo da música e ao coñecemento moi básico dos distintos instrumentos musicais e as súas familias. Tratáronse, entre outros , de acadar estes obxectivos:
- Fomentar a audición activa e consciente das obras musicais como fonte de enriquecemento cultural para favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.
- Participar en actividades musicais, tanto individualmente coma en grupo, con actitude aberta, interesada e respectuosa.
- Iniciación ao coñecemento das familias de instrumentos musicais.
- Fomentar o gusto pola música e a participación en actividades de clase relacionadas con ela.
- Coñecer o valor do silencio na escoita de fragmentos musicais e nas pezas.
Para acadalos, as actividades realizadas, entre outras ,foron as seguintes:
- Audicións de “ Pedro e o lobo “ . Visionado de vídeos tanto de orquestra como de animación.
- Lectura do conto en cómic.
- Decoración das portas da clase cos personaxes e os instrumentos.
- Elaboración dunha poesía sobre o relato.
- Confección de monicreques dos personaxes do conto musical.
- Fichas de comprensión e traballo do tema elixido.
- Dramatización na aula cos monicreques .
- Confección de disfraces( Entroido) .Cada alumno/a disfrazouse dun dos personaxes da obra.
- Confección do relato de Pedro e o lobo en viñetas. Cada alumno traballou unha viñeta e un compañeiro da clase encargouse de ilustralas.
- Exposición dalgúns dos traballos realizados nun mural no corredor.