VERBAS DA PAZ

paz_2024

Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro), levaremos a cabo unha instalación baseada na obra orixinal da artista Rivane Neuenchwader. Encheremos as cancelas metálicas do noso centro con lazos de cores, nos cales escribiremos palabras, desexos ou mensaxes que nos transmitan paz. 

Comezaremos a proposta cun bote de cristal en cada aula, que os nenos e nenas irán enchendo con palabras significativas escritas en papeis de cores, co paso dos días. Cando se aproxime a data da conmemoración, transcribiremos estas palabras a lazos de diferentes cores e finalmente colgarémolo no exterior. 

Gustaríamos facervos partícipes a vós, as familias, como parte fundamental do proceso educativo, de xeito que tamén deixedes o voso gran de area nesta proposta. Para elo, deixaremos no recibidor do colexio un pequeno recuncho con todo o necesario para participar se o desexades: pensade nunha palabra significativa que bos transmita paz, escribídea nun lazo de cor e metédeo no bote, de xeito anónimo. 

Todos estes lazos xunto cos escritos polos vosos nenos e nenas, colgaranse no exterior do colexio o martes 30 de xaneiro, conmemorando así o Día da Paz no noso centro educativo.