ODS 15: Conservación de ecosistemas

ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS

Os alumnos de 5º  de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda  20-30  a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible

MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR

Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais...

INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS

Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural,  a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas.

A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos  ecosistemas do ámbito rural e interurbano.

Tamén se  aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático...

Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación.

UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE!

Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos.

Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá.


 MURAL DE CONCIENCIACIÓN


AdxuntoTamaño
invest_unidos.pdf568.74 KB