Como indicamos na programación do PDI, o título é un xogo de palabras no que partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto.
Resúltame ben complicado facer unha evaluación global do proxecto. A sensación persoal é agridoce porque aínda que o traballo que se poido facer foi bo e os nenos/as participantes no proxecto puxeron todas as súas enerxías e ilusións, a situación sanitaria non permitiu rematarlo e parece que todo o proxecto quedou no aire.
Aínda así, a parte correspondente ao 1º trimestre quedou completa e o traballo foi excelente.
Mantivemos comunicación coa asistente persoal de Annie Morris, Miss Julie durante o 1º trimestre e a artista tivo cumprida información do noso traballo, mostrando a súa conformidade e sorpresa agradable polo traballo desenvolvido polos nenos/as.
Este traballo tamén foi o núcleo do PFPP: “Dinamizamos o centro a través da arte”, desenvolvido por cinco mestres do centro que promovía unha metodoloxía de OBSERVACIÓN directa entre alumnos/as e mestres.
Así mesmo, fomos seleccionados no proxecto de innovación educativa “Club de Letras” con este proxecto e como contrapunto ao desenvolvido o curso pasado “CEIP Manuel Sueiro, the land of the rising polkadots”.
Nos enlaces pódese seguir a evolución do noso PDI.