A gruta da torre conta a historia de Lois que viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela. Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha.
Actividade 1: Lectura
Lectura colectiva en voz alta.
Actividade 2: Análise das personaxes
A presentación das personaxes protagonistas e os comentarios que suscitou a súa chegada deu pé para traballar os prexuízos: entenderon perfectamente que as primeiras impresión son importantes, pero non definitivas e que, a maior parte das veces, as cousas non son o que parecen.
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións.
Actividade 4: Ilustración
O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivo.
Actividade 5: Traballo a través das TIC.
O alumnado valorará a comprensión da lectura do libro a través de 20 preguntas realizadas en Kahoot.
Actividade 6: Conclusión/valores
Despois da lectura fixemos un mapa conceptual sobre os valores relacionados coa igualdade.