Os/as nenos/as de 3º E.P. preguntáronse: Por que xogar a xogos de mesa coñecidos se podemos inventar o noso propio? Meu dito, meu feito: Elaboramos un que se chama “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”.
Despois de coñecer a vida e o hábitat dos pingüinos na Antártida da man das mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, decidimos dar un salto atrás no tempo ata Atapuerca seguindo os pasos das mulleres e homes da Base Cid Campeador.
Saímos de Illa Decepción pasando por Burgos ata chegar de volta ao noso cole. Nesa viaxe coñecimos a un heroe da Antártida como Scott, o xacemento de Atapuerca e o evento deportivo do cross nesa serra. A Base recibiu o Premio Evolución de mans da Fundación Atapuerca. Algunha información xa tiñamos grazas ao proxecto sobre Atapuerca e María Martinón que desenvolvemos o curso pasado.
Na nosa chegada a Burgos, conmemoramos o aniversario da catedral, soubemos que alí se atopa soterrado o Cid. Das súas andanzas da conta o clásico da literatura “Cantar de Mío Cid”.
Pensando en CASTELOS, demos voltas por CASTELA- León, CASTELA A Mancha, CASTRILLO DEL VAL en Burgos, CASTRELO do Val e CASTRELO de Miño en Ourense.
E falando de reciclaxe, en Castrillo del Val acadaron o certificado ISO 14001. Nós somos máis modestos, pero poñemos o mellor de nós nas tres Rs.
Na biblioteca escolar do centro atopamos todos os libros necesarios para desenvolver o noso proxecto e na rede aprendemos a buscar a información precisa e as respostas ás nosas dúbidas.
E como di a nosa versión libre do “Cantar de Mío Cid”:
“Quiso la escuela recrear en esta humilde versión
Trabajos y esfuerzos hechos desde el corazón”
Coa busca de información foi a través da rede, ademais de obter información, aprenderon a usar a necesaria e descartar aquela supérflua.
As lecturas programadas para a actividade foron as seguientes:
Destacamos o título “ATAPUERCA, PERDIDOS EN LA COLINA” de Eudald Carbonell y José María Bermúdez de Castro, ( Ed. Destino ), fonte de información precisa da cooperación do equipo investigador e da Base Castrillo del Val.