Celebrámola PAZ
Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer, e así o fixemos.
Os alumnos de infantil traballaron a pomba da paz. É un símbolo moi antigo. Aparece na biblia e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso.
Os de primeiro fixeron a rama de oliveira. É outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo. Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos.
Os de segundo traballaron o “Sinal da "V" coa man”
Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década dos 60, durante a Guerra de Vietnam.
A papoula é o símbolo dos de terceiro.
Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas papoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a papoula como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra.
Os de cuarto decoramos os logos da paz
Este logo foi creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia.
Os de quinto representamos as nosas mans e queremos que representen a tódolos nenos do mundo.
As mans estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular o terrorismo. Están abertas e estendidas cara á fronte, é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder.
Os maiores do cole somos uns expertos en origami xaponés e creamos estas estupendas grúas.
A lenda conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grúas durante a súa estancia no hospital
No CEIP Manuel Sueiro entre todos creamos este arco da vella. Queremos que sexa un símbolo de paz. Nós neste momento queremos deixar o noso gran de area para rexeitar a violencia.