Camiñando da man de Yayoi Kusama pola land of the rising polkadots, chegamos ao final do noso proxecto.
Non poidemos ter mellor remate que contar coa visita de Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Japón Galicia, á que lle mostramos o noso proxecto sobre a artista xaponesa e o seu país de orixe, Japan.
Megumi Shiozawa deunos unha clase práctica de escritura xaponesa e agasallounos cos nosos nomes en xaponés.
Temos que dar as grazas á xefa territorial e ao inspector educativo do noso centro, por acompañarnos neste día tan especial para os nosos alumn@s de 1º e 2º de E.P., que presentaban o seu proxecto a tod@s os compañeir@s.
Nesta exposición mostramos as nosas obras de arte sobre Yayoi Kusama e as nosas aprendizaxes sobre o país do sol nacente: Desde a benvida ao curso na porta da clase, pasando pola presentación do proxecto no día das bibliotecas, alá polo mes de outubro, as pumpkins, Christmas trees, peace day, pilgrimage, obliteration corner, kamishibai, lavender, sakura cherry blossom, onsen.
Os máis peques do cole aportaron as pumpkins de Yayoi Kusama e as mini Yayoi coas cores axeitadas a cada parte do proxecto.
Os alumn@s de 4º E.P. colaboraron con nós aportando un pequeño proxecto sobre o parque de Hans Christian Andersen en Funabashi. ( Odense e Funabashi son cidades irmáns ).
O alumnado de 6º E.P. tamén colaborou neste proxecto dando as novas do tempo nas ciudades protagonistas no proxecto: Tokio, Funabashi e Hokkaido.
GRAZAS A TODAS e TODOS OS QUE FORMASTES PARTES DESTE PROXECTO!