Na aula de 1º de Ed. primaria, reforzamos a lectura empregando libros en castelán e galego. O grao de dificultade das mesmas ía en función da comprensión lectora dos alumnos.
Traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como “Un baúl lleno de dinosaurios”, “A avoa non quere comer”…
Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.
Asemade, os luns e os mércores traballamos a lectura de poesías. Dividimos o proceso en catro partes:
En todo o proceso, respectamos a creatividade do alumnado, os seus intereses e as súas necesidades.
“Poesía es la unión de dos palabras que uno nunca supuso que pudieran juntarse, y que forman algo así como un misterio.“
Federico García Lorca