Blogues

Nas últimas décadas, a Educación Infantil adquiriu unha importancia e consideración social relevantes, configurándose como unha etapa educativa con entidade propia, dotada dunhas características que a definen e, á súa vez, diferencian de niveis posteriores.

A Educación Infantil adquire importancia por si mesma se se respectan as peculiaridades e características propias deste ciclo educativo en canto ao seu funcionamento, metodoloxía e diferenzas que existen en relación con outros tramos da educación. Trátase de dotar ao alumnado das competencias, destrezas, hábitos e actitudes que poidan facilitar a súa posterior adaptación á Educación Primaria.

A través do movemento vaise organizando mentalmente o mundo exterior polo que as actividades de psicomotricidade na Educación Infantil van encamiñadas a conseguir, co movemento físico, a activación do mental.

O neno/a coas actividades de psicomotricidade, adquire nocións espaciais, temporais, de lateralidade, relativas ao seu corpo, aos obxectos, a situacións que lle facilitan a adquisición de novas aprendizaxes e desenvolve as súas capacidades.

Nunha das primeiras sesións do curso, fixemos un divertido circuíto de psicomotricidade para coñecer o nivel psicomotriz dos alumnos/as. 

Benvidos todos e todas a este novo curso académico 2016/2017. Neste espazo web, iremos compartindo moitas das tarefas que levamos a cabo dende o CEIP Francisco López Estrada. 

Agardamos que disfrutedes moito das nosas publicacións e desfrutedes moito visitándonos. 

 

MOITAS GRACIAS A TODOS/AS

 

Enderezo: Rúa do Escolar  s/n  O Barqueiro (A Coruña).

CP: 15337

Teléfono: 981414127

E-mail: ceip.lopez.estrada@edu.xunta.gal

Ensinanzas: Segundo Ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.

Tipo de Xornada: xornada partida dende as 10:00h ata as 14:10h e dende as 15:40h ata as 16:30h.

 Servizos complementarios:

- Comedor escolar con cociña propia.

- Transporte escolar.

 

Distribuir contido