Blogues

Non é o título dunha novela romántica nin tampouco dunha película de acción; realmente , trátase dun ambicioso proxecto suscrito entre o noso Centro, Cuarzos Industriales e o Concello de Mañón para participar no programa e coñecido concurso VOZ NATURA.

O Concello prestará a loxística necesaria.

Cuarzos Industriales mandaranos a inestimable axuda de 2 biólogos e aportará importantes medios económicos e materiais.

O López Estrada aporta profesorado , pero sobre todo , o alumnado que será o verdadeiro protagonista do proxecto e , ao mesmo tempo , benificiarase dos numerosos traballos que desenrolará o traballo en cuestión. Tamén gastaremos os 500 euros que nos asignou Voz Natura.

O obxectivo é que o noso alumnado comprenda como unha explotación mineira como a nosa , que non deixa de ser unha forte agresión ao medio ambiente, pode rexenerarse convintemente e de xeito racional para intentar paliar os inevitables danos causados.En fin , intentará ser unha lección de " economía sostible e humanizada " , porque a minería xenera postos de traballo e mellora a economía local dos pobos que a teñen.

Neste traballo verase empiricamente como se recupera a flora e fauna do Monte Cañoles por medio de actuacións do campo con cámaras fotográficas instaladas e camufladas en lugares estratéxicas par funcionar pola noite... "esperemos que non collan furtivos ".Tamén teremos charlas e outras actividades para que os nosos rapaces disfruten e aprendan de forma amena e activa.Tódolos meses teremos unha actividade que quedará plasmada nunha Unidade Didáctica.

A importancia do evento fará que teñamos saídas locais polo entorno do Centro e do Monte Cañoles e seguro que , en varias ocasións, sexamos visitados e fotografiados pola prensa ; ademais poden saír os nosos alumnos nas páxinas Web e Blogues do noso Centro, Voz Natura e Cuarzos Industriales.

 

 

Esperamos que sexa un éxito en tódolos sentidos !

 

 

Un saúdo.

 

 

 

En 1º e 2º Curso de Educación Primaria traballamos durante este mes de setembro, a nosa árbore xenealóxica. Coñecendo deste xeito algo máis sobre os nosos antepasados e sobre a nosa orixe. Pasámolo moi ben desfrutando e falando das nosas familias. Ademáis pintamos, recortamos e creamos estas bonitas árbores.

Os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria, estivemos a mellorar a nosa condición física mediante un divertido circuíto no que puxemos en práctica as nosas habilidades motrices.

Buscamos dentro desta área a mellora da saúde e fomentar a actividade física entre o alumnado, co fin de establecer hábitos e estilos de vida activos.

Compartimos a continuación, una imaxe do noso divertido circuíto... ¡Qué ben o pasamos aprendendo de forma lúdica!

 

As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) multiplicaron a conexión entre uns lugares e outros,  e mesmo chegaron a xerar algo que se deu en chamar `contorna virtual´. Sen entrar agora a matizar este concepto, e sen esquecer o papel dos medios de comunicación de masas, parece evidente que esta contorna tamén ten relevancia social: afecta directa ou indirectamente a toda a poboación, e é un lugar de actividade para unha parte dela.

Esta é unha razón para que a área de ciencias sociais  teña en conta tamén a contorna virtual, pero non a única: as TIC facilitan o acceso á información, a interactividade, o traballo colaborativo e a comunicación a distancia, todo iso de gran interese educativo. 

Por iso, seguimos afianzando contidos propios da materia, empregando as novas tecnoloxías. Os alumnos/as están motivados e isto xera un gran interese por ampliar coñecementos e fomentar deste xeito unha aprendizaxe significativo.

Hoxe na área de Ciencias Sociais, estivemos xogando con tarefas interactivas que nos permitiron adquirir os contidos da materia dunha forma lúdica e moi entretida.

Mediante esta tarefa, buscamos recordar o aprendido en sesións anteriores para deste xeito afianzar xogando os contidos sobre hidrografía e sistemas montañosos. 

 

Distribuir contido