Blogues

O sábado 11 e 12 de novembro. Celebrarase a XXIX Feira do mel en Ortigueira 2017.  

O domingo poderase desfrutan de xogos, obradoiros, sorteos e moito máis...

 

Os Xogos Populares son unha das mellores formas de socializar, os nenos que viven nunha contorna próxima coñécense e quedan para quedar a xogar, mesmo non é necesario quedar, o simple feito de estar na rúa cun saltador ou cunha pelota, xa fai que outros nenos achegar e xoguen xuntos.

Ademáis faise exercicio físico, cada vez son máis os estudos que falan de sedentarismo nos nenos e sumado a uns malos hábitos alimenticios, fan que cada vez haxa máis obesidade infantil cos problemas que iso leva nun futuro. Co xogo córrese, sáltase, báilase.Con iso adquírese máis forza muscular e coordinación.
Outro beneficio é que se achega sentido rítmico ao corpo, a través de moitos xogos, danzas ou bailes o neno familiarízase coas pausas asociadas aos movementos.

Téñense vivencias inesquecibles fose da contorna familiar, relaciónanse nenos da mesma  idade, coas súas mesmas inquietudes e pensamentos. Apréndese a compartir cos demais nenos. Compártense tanto xoguetes ou ferramentas de xogo como vivencias

Practicando xogos populares desenvólvese a imaxinación.Non fai falta ter un xoguete elaborado nin algo moi custoso.Os xogos desenvolven o uso do propio corpo ou dos elementos que nos ofrece a natureza (area, pedras, ramas, flores..).  Coa imaxinación ademais pódense converter obxectos en desuso ou reciclados en calquera xoguete que para os nenos é un verdadeiro tesouro?

Ademáis, tamén se desenvolve a empatía no neno. Os xogos crean roles que os nenos caracterizan, failles poñerse en distintas situacións , tendo que resolver os seus propios conflitos, poden ser xogos eliminatorios , nos que ás veces se gañará e outras veces non. Ademais a maioría dos xogos teñen ?regras? máis ou menos sinxelas que ao participar no xogo hai que acatar?

Os xogos tradicionais pódense realizar en calquera momento e lugar. Teñen nomes distintos dependendo da zona na que se xoguen, pero son comúns a todos os nenos..

Os xogos fomentan a seguridade en si mesmo dos nenos e fan que se desenvolvan con máis facilidade cos demais. Teñen que fiarse dos demais compañeiros e o vínculo de confianza créalles unha seguridade en si mesmo?
Os xogos pasan de pais a fillos. Son atemporales, poden sufrir algúns cambios pero a esencia é a mesma.

 

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademais, tamén se comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, en torno á zona na que se atopan as aldeas de lingua galega e en zonas de Zamora e León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas. Ademais, este estudante analizou a relación da costume das cabazas co culto á morte e unha semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. Hasta chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada secase e conservase para usala como máscara no Entroido. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro "Caliveras de melón" e noutra de posteriores aparición, comezou a chamar a atención dos antropólogos. 

Hoxe en día celebrase con gran arraigo o Samhain ou Samaín (adaptación ao gallego da palabra gaélica) en algunhas das cidades e pobos de Galicia. 

Dende o CEIP Francisco López Estrada compartimos con todos vos, as fermosas cabazas que fixeron para esta exposición tan outonal.

 

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.

Dende o centro educativo coñecemos o funcionamento dos muíños e das distintas partes que o conforman. Acercándonos de preto ás beiras do río Sor. Visitamos posteriormente o muíño de Arganzo para poder presenciar in situ cómo funcionan na realidade. 

 

 A coordinación e o equilibrio son capacidades que definirán a acción, ata o punto de que unha deficiencia ou anomalía no desenvolvemento de calquera delas, limitará ou mesmo impedirá unha execución eficaz. Por iso, é necesario o traballo destas capacidades nos primeiros anos da Educación Primaria, xa que a mellora funcional do dominio corporal supoñerá a adquisición de múltiples condutas motrices de carácter utilitario, lúdico ou expresivo, que serán fundamentais para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos/as.

Durante os pasados días, estivemos a facer tarefas lúdicas de coordinación, moi divertidas. Desfrutamos moito en movemento!

 

Distribuir contido