Coñecemos os muíños de auga

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.

Dende o centro educativo coñecemos o funcionamento dos muíños e das distintas partes que o conforman. Acercándonos de preto ás beiras do río Sor. Visitamos posteriormente o muíño de Arganzo para poder presenciar in situ cómo funcionan na realidade.