Blogues

O pasado venres puidemos desfrutar dunhos fantásticos talleres nunha contorna con gran riqueza paisaxística. Grazas a colaboración da organización NORDÉS, puidemos coñecer a biodiversidade do río Sor e a importancia dos insectos para coñecer a calidade dos ríos.

 

No día de hoxe estivemos a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, cunha fermosa visita á Mina Sonia. Alí puidemos ver a extracción do Seixo e repoboamos unha zona da mina plantando árbores. 

Xa preto do colexio, continuamos coa plantación de árbores e ca instalación de caixas niño para os paxariños que nos visitan cada día. Hoxe foi un día moi entretido!! 

 

Dende o CEIP Francisco López Estrada comezamos o concurso Reporteiros Ambientais de VozNatura. Un fermoso concurso, no que un número de centros educativos compartirá os seus vídeos resumo de todas as tarefas e actividades feitas dentro dos seus proxectos Voz Natura. 

Durante o día 22 de maio poderemos votar por o vídeo do noso centro. ¡ANIMÁDEVOS E A VOTAR TODOS E TODAS!

¿Qué hai que facer para votar polo vídeo do López Estrada?

É moi sinxelo: 

  1. Debes acceder o seguinte enlace de facebook.com
  2. Posteriormente deberás darlle a me gusta ao vídeo subido polo noso compañeiro e mestre de Educación Física: Pablo Sánchez. 

¡AXUDADENOS E COMPARTIDE PARA QUE ALCANCE UNHA MAIOR DIFUSIÓN! 

Esperamos que vos guste!

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. Gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho, da Coruña,

A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

No día de hoxe, puidemos presenciar unha divertida representación teatral sobre a Galiña azul de Carlos Casares, autor ao que se lle adica o día das letras galegas o vindeiro 17 de maio.

A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo da ficción, da fantasía. A importancia da lectura nos nenos baséase nos seus beneficios á hora de estudar e adquirir coñecementos. A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe.

¿Qué beneficios nos aporta?

1. Enriquece a relación adulto-neno

Nesta relación máxica, neno-adulto-libro, o pai, a nai son os encargados de marabillar ao seu fillo co libro e de descubrirlle o mundo sorprendente que garda. Estes momentos de lectura son moi gratificantes, porque están, ademais, envolvidos en afectividade.

2. Familiariza ao neno cos textos

- Afacéndolle ao obxecto: ao neno gústalle imitar aos seus pais.

- Mostrándolle que os pequenos signos negros teñen un significado.

- Facéndolle experimentar a permanencia da palabra escrita. Cando chegue ao colexio, a lectura pareceralle unha actividade necesaria e interesante.

3. Amplia e organiza o universo do neno

Tanto as imaxes como os textos axudaranlle a:

- Coñecer o mundo.

- Coñecerse a si mesmo.

- Dominar a contorna real. Os textos adiantaranlle, ademais, futuras experiencias.

4. Desenvolve as capacidades mentais do neno

- Memoria. O neno poderá contar o conto que lle leu, seguindo as imaxes.

- Linguaxe. A través da lectura oída, o pequeno ampliará o seu vocabulario e aprenderá frases cada vez máis complicadas.

- Capacidade de abstracción. O neno establece a relación entre os obxectos que viu na realidade e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasa, en consecuencia, a un nivel de abstracción.

- Imaxinación. A partir da imaxe e do texto, o neno comeza a construír a súa propia representación, a crear unha realidade na súa mente.

Compartimos con vos este traballo que fixemos entre todo o alumnado do CEIP Francisco López Estrada, conmemorando o día do libro: 23 de abril de 2017. Esperamos que vos guste. 

      

Distribuir contido