A Galiña Azul de Carlos Casares

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. Gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho, da Coruña,

A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

No día de hoxe, puidemos presenciar unha divertida representación teatral sobre a Galiña azul de Carlos Casares, autor ao que se lle adica o día das letras galegas o vindeiro 17 de maio.