try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Primaria

Alumnado de primaria visita o xacemento de Santa Trega

Alumnado de primaria visita o xacemento castrexo e o museo arqueolóxico de Sta Trega. A Guarda ( 03/04/12)



 



BAIXO MIÑO


Los tesoros del Trega en tres dimensionesEl centro arqueológico y el yacimiento del monte formarán parte del museo virtual de la cultura castreña . Continúa lendo a noticia publicada en Faro de Vigo. Pica aquí

Entroido 2012

Entroido 2012 on PhotoPeach

NADAL 2011

NADAL 2011 on PhotoPeach

O ALUMNADO DE 6º EMPREGA OS LIBROS DIXITAIS NA AULA ABALAR

Este curso os catorce alumnos e alumnas de 6º xa non cargan nas súas mochilas con seis  pesados  libros de texto , estes foron sustituídos por  libros dixitais .

Para abrir o libro o alumnado  so ten que coller o seu netbook , ferramenta que lle  abre un montón de posibilidades: consulta, estudo, búsqueda de información, realización de actividades...

Outro dos elementos da aula abalar é o PDI  ou encerado interactivo que permite manipular  todas as aplicacións do ordenador , a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.Ademais, o seu Software Interactivo SMART Notebook, permite a consulta de páxinas web e animacións.

 

                     

                                   O alumnado nunha clase da área de coñecemento do medio



TUI HONRA A FIGURA DO POETA E ACADÉMICO GALEGUISTA FAUSTINO REY ROMERO

Dende o concello de Tui , e a proposta da asociación Levada Libre ,están a celebrarse unha serie de actos conmemorativos  co fin de honrar a figura  do sacerdote-poeta Faustino Rey Romero.

Nove centros escolares participaron nesta homenaxe lendo  dende a Radio Municipal de Tui, varios dos poemas máis significativos da obra de Rey Romero.

O centro estivo representado por unha alumna de 6º  que recitou o poema "Madrigal pequeno".

Querías que eu che dixera

un madrigal tan pequeno,

que, de escribilo, coupera

na palma da man dun neno.

Pero eu, xentil rapariga,

temo que me saia mal

será mellor que che diga

un espello o madrigal.

      

             María  recita o poema dende os micrófonos da RMT

 



Distribuir contido