try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

TUI HONRA A FIGURA DO POETA E ACADÉMICO GALEGUISTA FAUSTINO REY ROMERO

Dende o concello de Tui , e a proposta da asociación Levada Libre ,están a celebrarse unha serie de actos conmemorativos  co fin de honrar a figura  do sacerdote-poeta Faustino Rey Romero.

Nove centros escolares participaron nesta homenaxe lendo  dende a Radio Municipal de Tui, varios dos poemas máis significativos da obra de Rey Romero.

O centro estivo representado por unha alumna de 6º  que recitou o poema "Madrigal pequeno".

Querías que eu che dixera

un madrigal tan pequeno,

que, de escribilo, coupera

na palma da man dun neno.

Pero eu, xentil rapariga,

temo que me saia mal

será mellor que che diga

un espello o madrigal.

      

             María  recita o poema dende os micrófonos da RMT